Dentro do proxecto “+Emprega nos Concellos” da Deputación de Pontevedra, o Concello de Redondela abre un proceso de selección para cubrir os postos de
- Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas
- Técnico/a Superior en Xestión Forestal e
- Técnico/a Superior en Administración
Trátase de contratos en réxime laboral temporal dirixidos a mozas e mozos desempregados da provincia como unha primeira experiencia profesional. O contrato formativo será dun período máximo dun ano.
A preselección das persoas traballadoras que reúnan os requisitos realizarase a través da presentación da oferta de emprego nas oficinas públicas de emprego de Galicia. As bases da convocatoria poden consultarse na sede electrónica do Concello de Redondela.
Otras novas en vigoalminuto
- Una persona muerta y otra herida, en Benetússer, durante los trabajos de limpieza de la DANA
- As costas galegas rexistraron o ano pasado 689 varamentos de animais, a maioría cetáceos
- El Campus del Mar estará acabado a mediados de 2026 en los terrenos de la ETEA
- Hasta 1 ano de espera para consulta en Unidades de Saúde Mental do SERGAS de Santiago e Vigo
- A delincuencia descendeu en Vigo, moi discretamente, durante 2024
- Muere quemado en el interior de un coche, en Redondela