Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 46 persoas debido a 40 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 25, ata as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 27 de octubro.
Ademais en vigoalminuto
- Fin de semana sen mortes estradas galegas nas que houbo 46 feridos
- Caballero anuncia que el 7 de noviembre habrá un Pleno extraordinario para hablar del AVE
- O destino Rías Baixas medra un 16% en setembro e lidera o ránking de lugares turísticos de Galicia
- La Diputación destina más de 500.000€ en ayudas a clubes deportivos de Vigo y el sur de la provincia
- Nigrán disporá do convento dos franciscanos de Vilariño, tras un acordo co Bispado
- Redondela ofrece tres postos de traballo dentro do proxecto +Emprega da Deputación
A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 58 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas foron 45. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 4 accidentes e as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 41 sinistros.
En 40 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 6 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.