Dende este luns, entrando na web www.bonosactivacomercio.gal, xa podes descargar o Bono Activa Comercio da Xunta. Co mesmo, cada cliente disporá como máximo dun bono desconto por un importe de ata 30 € que poderá empregar nun ou varios dos comercios retallistas adheridos ao programa.
Ollo, ten en conta
- Trátase dun bono por valor de 30 €. En función do importe das compras, poderán obterse os seguintes descontos:
- 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €
- 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €
- 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €
- Todas estas contías enténdense co IVE incluído
- Estarán dispoñibles para a súa descarga desde o 04/11/2024 ata o 31/12/2024 (salvo esgotamento previo do crédito do programa)
- Terá a consideración de bono desconto e o importe irase consumindo en función do valor da compra
- Para empregalo terá que dirixirse a un dos establecementos adheridos
- Non será aplicable o troco dos bonos para as compras en liña
Tamén en vigoalminuto
- Adxudicada, por máis de 7,8 millóns, a construción de 38 novas vivendas de promoción en Navia
- Denuncian ruídos, basura, vómitos o portales orinados en el centro, tras la noche de Entroido
- El Balonmano Playa vuelve a la provincia de Pontevedra
- Arrestado tras sorprenderlo con una Browning del calibre 7,65, para la que no tenía permiso
- El Astillero San Enrique construirá en Vigo un nuevo prototipo de plataforma flotante
- Urgen al Concello a actuar ante el “estado de abandono” del Castro