Galicia

12.000 persoas de entre 70 e 79 anos, residentes na Área Sanitaria de Vigo, xa se vacinaron fronte a gripe e a Covid

O 20 de novembro comeza a de aqueles de entre 60 e 69

12.000 persoas de entre 70 e 79 anos, residentes na Área Sanitaria de Vigo, xa se vacinaron fronte a gripe e a Covid

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns as instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) no que comezou a vacinación fronte a gripe e a covid-19  da poboación de entre 70 e 79 anos. Como informara vigoalminuto, a Área Sanitaria xa puxo en marcha en outubro pasado a nova campaña cun  horario de luns a sábado, entre as 08.30 e as 14.00, e entre as 15.30 e as 21.00 horas.

Persoas entre 70 e 79 anos

Seguindo as indicacións da Consellería de Sanidade, convocouse en primeiro lugar á poboación de entre 70 e 79 anos de idade, chamándose á vacinación entre os días 30 de outubro e a mañá do 20 de novembro a un total de 42.351 persoas incluídas nesta franxa de idade. A estas persoas hai que engadirlles a 4.375 máis, correspondentes a profesionais do ámbito sanitario e sociosanitario que no foran vacinados ata o memento.

A data onte vacináronse na Área Sanitaria de Vigo preto de 12.000 persoas de entre 70 a 79 anos. Tras a vacinación desta franxa de idade, comezará o tramo seguinte, correspondente a persoas de entre 60 e 69 anos de idade, iniciándose, previsiblemente, o 20 de novembro pola tarde.

Entre elas o alcalde

Entre os vacinados estaba o alcalde de Vigo. Abel Caballero, que o pasado 2 de setembro cumpriu 78 anos, recibiu as dúas vacinas e animou a seguir as recomendacións das autoridades sanitarias. Ademáis, louvou os avances para a saúde, “as vacinas son o avance científico ao servizo da cidadanía”.

80 e máis anos

A vacinación das persoas de 80 e máis anos continúa nos centros de saúde de cabeceira e xa se está convocando a aquelas persoas que, por diferentes motivos, non puideron acudir á primeira cita e aínda non se vacinaron. No que vai de campaña, xa se vacinaron máis de 35.000 persoas nesta franxa de idade na Área Sanitaria de Vigo.

No que respecta á vacinación de persoas maiores en centros residencias e centros sociosanitarios, -levada a cabo entre setembro e principios do mes de outubro- a vacinación situouse en torno ao 91%.

También te puede interesar