Destacados Vigo al minuto

Profesionais esixen do Concello medidas para acabar con colapso do Servizo Municipal de Benestar

Esixen máis persoal para afrontar o seu traballo

Traballadoras do servizo de Benestar social do Concello de Vigo realizaron este mércores unha nova mobilización diante do MARCO para reclamar un servizo de calidadeante a ausencia total de resposta por parte da organización municipal”.

As e os profesionais, que corearon lemas como “Abel escoita, Benestar está en loita”, reclaman, entre outras, estas medidas do Goberno municipal:

  • Aumento da plantilla de persoal de Benestar social para lograr, polo menos, o cumprimento da ratio marcada por lei.
  • Cobertura de baixas de longa duración, permisos de maternidade e redución de xornadas por conciliación familiar.
  • Criterios técnicos para a avaliación e propostas de mellora dos programas e serrvizos municipais
  • Reducción do número de citas diarias e aumento da duración do tempo de atención das entrevistas.

También te puede interesar