Galicia ofrecerá desde o luns 2 de decembro o novo programa de cribado neonatal para a detección precoz e o tratamento de cardiopatías conxénitas críticas para poder identificar esta enfermidade nas primeiras 24 horas de vida dos bebés. Así se recolle no informe da Consellería de Sanidade avaliado hoxe polo Consello da Xunta.
Pulsioximetría
O obxectivo é detectar a enfermidade antes de que presente síntomas a través dunha técnica indolora e non invasiva como é a pulsioximetría para medir o osíxeno en sangue do bebé. Así, o Servizo Galego de Saúde realizará este cribado de forma universal a “todos os bebés nados en Galicia”, tal e como apuntou este luns o presidente Rueda. Sanidade remitiulle aos hospitais privados galegos o novo protocolo para que tamén leven á práctica este cribado.
Outras novas
- Una persona muerta y otra herida, en Benetússer, durante los trabajos de limpieza de la DANA
- As costas galegas rexistraron o ano pasado 689 varamentos de animais, a maioría cetáceos
- El Campus del Mar estará acabado a mediados de 2026 en los terrenos de la ETEA
- Hasta 1 ano de espera para consulta en Unidades de Saúde Mental do SERGAS de Santiago e Vigo
- A delincuencia descendeu en Vigo, moi discretamente, durante 2024
- Muere quemado en el interior de un coche, en Redondela
Cardiopatías conxénitas
As cardiopatías conxénitas críticas presentan unha incidencia de dous casos por 1.000 nacementos, poden comprometer gravemente a saúde do bebé e son causa do 20% dos falecementos ocorridos no período neonatal.
A maioría dos defectos críticos teñen certo grao de baixos niveis de osíxeno en sangue, polo que, coa pulsioximetría, en menos de 10 minutos pode obterse a sospeita de cardiopatía. En caso de que a proba sexa positiva, o persoal de enfermaría informará a pediatría ou neonatoloxía para facer unha valoración clínica.
Atención inmediata
Se hai signos de alarma, o novo protocolo para confirmación diagnóstica deseñado por profesionais do SERGAS marca a realización dun ecocardiograma en menos de 12 horas. Cando non os hai, a proba será realizada en canto sexa posible, sempre en menos de 72 horas.
Cando o resultado do ecocardiograma é compatible cunha cardiopatía conxénita crítica, realizarase unha interconsulta para valoración inicial telemática coa unidade de referencia do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña a donde trasladarán ao bebé en menos de 6 horas.
Tratamentos
As alternativas terapéuticas previstas serían a medicación, un cateterismo cardíaco (como un pequeno orificio na parede interior do corazón) ou unha cirurxía cardíaca infantil (que pode ser necesaria para reparar defectos no corazón e vasos sanguíneos, substituír unha válvula cardíaca, colocar un dispositivo no peito para axudar ao corazón a bombear sangue ou facer un transplante).
A posta en marcha deste cribado, de forma secundaria, tamén permitirá identificar hipoxemia por outros motivos que poden ser graves (problemas respiratorios parenquimatosos ou anatómicos, hipertensión pulmonar persistente, outras cardiopatías conxénitas, sepse, hipotermia ou hemoglobinopatías).