Galicia

As Rías Baixas líder, de novo, dos destinos turísticos galegos

O mes pasado sumaron máis da terceira parte de todas as visitas

As Rías Baixas líder, de novo, dos destinos turísticos galegos

As Rías Baixas seguen a liderar todos os rexistros turísticos en Galicia. Neste caso, en outubro liderou novamente o ranking de destinos turísticos galegos, coa maior ocupación e o maior número de persoas visitantes. Ademais, os datos do Instituto Nacional de Estatística confirman que o turismo estranxeiro segue a medrar na provincia, cun 6% máis de visitantes que en outubro de 2023.

Máis da terceira parte de todo o turismo de Galicia

A provincia de Pontevedra recibiu en outubro de 2024 o 32,5% dos visitantes que acudiron a Galicia ao longo do mes segundo os datos remitidos á Deputación de Pontevedra polo INE. En liñas xerais o 65% foron persoas procedentes do conxunto de España e o 35% do estranxeiro. Ademais, a ocupación foi do 44,28%, superior á rexistrada en outubro do 2023, e que supón tamén a maior porcentaxe dos destinos galegos.


Outras novas


Novembro

No que respecta ao mes de novembro a oficina do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, recibiu ata a data preto de 400 visitantes, na súa maioría procedentes do territorio español (71%), principalmente de Madrid e Barcelona, fronte ao 29% de turistas estranxeiros que chegaron desde Estados Unidos, Francia, Portugal e Arxentina.

Ademais, ata esta data de novembro os castelos de Soutomaior e Sobroso foron visitados por preto de 2.600 persoas e os Camiños cara Compostela que atravesan a provincia de Pontevedra por 3.327 peregrinos, o que supón un incremento do 25%. Entre os peregrinos, a vía máis percorrida é o Camiño Portugués (1.885), seguidos do Camiño Portugués pola Costa (1.175), a Vía da Prata (220) e o Camiño de Inverno (64).

You may also like