Comarcas

Dona Concha, vaia 109 anos!

Recibiu a felicitación de toda a súa familia e do alcalde de Covelo

Recibiu a felicitación de toda a súa familia e do alcalde de Covelo

Así é, nada máis e nada menos que 109 anos son os que vén de celebrar Concepción Val Cousiño, veciña de Maceira-Covelo. Por suposto, estivo acompñada da súa familia e ata a súa casa acehegouse o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, a concelleira María Valiñas e ex concelleiro José María Vázquez que a visitaron para agasallarlle un ramo de flores e unha torta de cumpreanos.

A emigración a Alemania, o traballo no campo no lugar de Pencellos, Maceira, o da fábrica de porcelana ou guiar aos bois permanecen tatuados na súa memoria e forman parte da súa traxectoria de vida dende que naceu no ano 1915.

Concepción é nai de dous fillos, Carmen e Valentín; ten tres netos, Silvia, Víctor e David, e duas bisnietas, Sara e Alicia. De igual forma -para que vexamos como é- leva no seu corazón ao seu xenro Antonio, á súa nora María del Carmen, e non esquece ao seu irmán Sergio, que vive en Uruguai e, por suposto, ao seu marido, Valentín, que faleceu hai anos.


Outras novas


Que pasou en 1915?

Por si non fora suficiente unha vida con dúas guerras mundiais e unha guerra civil, ese ano o Congreso dos Estados Unidos rexeitou darlle o dereito ao voto ás mulleres- e logo van de demócratas-; para os que andamos pegados todo o día ao móvil: Alexander Graham Bell (en Nueva York) e o seu asistente Thomas A. Watson (en San Francisco), inauguran as chamadas telefónicas de costa a costa; en México, Pancho Villa asume plenos poderes militares e civís; en Palestina comeza unha infestazón de langostas, que durará 7 meses e  Albert Einstein publica a Teoría Xeral da Relatividade.

Ese ano, xunto con Concepción, nacen o xenio do cinema Orson Welles; o multimillonario David Rockefeller; a grande actriz sueca Ingrid Bergman; o dramaturgo Arthur Miller, que estivo casado con Marilyn Monroe; e tamén, Frank Sinatra, ainda que non en New York, New York, senon en HobokenNueva Jersey.

You may also like