Comarcas

A Deputación dá luz verde a catro convenios co Concello de Vigo para obras por valor de 5 millóns de euros

Para obras en Navia, Finca de Matías, o Campo do Sárdoma e As Travesas

A Deputación dá luz verde a catro convenios co Concello de Vigo para obras por valor de 5 millóns de euros

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe catro convenios co Concello de Vigo para obras que ascenden a un total de 5 millóns de euros. Así o confirmou o presidente, Luis López, que detallou que se trata de:

  • actuacións no Complexo deportivo das Travesas, cun orzamento de 286.000€
  • no parque Nelson Mandela de Navia, con 513.000€
  • no campo municipal de fútbol Sárdoma-Moledo, con 820.000€
  • e do proxecto do macroparque de xogos na Finca Matías, cun orzamento de máis de 3,2 millóns de euros

En todos eles, a institución provincial faise cargo do 80% do financiamento, correspondendo o 20% restante ao Concello de Vigo.  “Seguimos cumprindo co noso compromiso con Vigo. Seguimos aprobando recursos para continuar avanzando na transformación da que é a cidade máis poboada de Galicia e o seu grande eixo económico”, subliñou o presidente.

Parque Nelson Mandela e Complexo das Travesas

No caso da reconstrución do muro de contención no parque Nelson Mandela, en Navia, cun orzamento de 513.000€, a Deputación achegará 412.000€ que se corresponden co 80% do investimento. O obxectivo é reconstruír un muro que se atopa en estado deficiente e de garantir, en último termo, a seguridade dos peóns deste parque vigués e da contorna do centro de saúde de Navia.

Ademais, cun orzamento de 286.000€, financiando a institución provincial 225.000€, actuarase no Complexo deportivo das Travesas, onde se substituirá a cuberta do pavillón coñecido como “pista vermella” e se mellorará a envolvente térmica.

Campo de Sárdoma-Moledo

Por outra banda, apróbase o convenio para as obras de reparación do muro do campo de fútbol de Sárdoma-Moledo, das que a Deputación financia o 80% da obra, é dicir, 650.000€, e o Concello faise cargo dos 170.000€ restantes. Os traballos consistirán na construción dun muro de contención de 7 metros de altura ao pé do talude, dando continuidade ao situado ao norte do campo das Relfas.

Entre as actuacións inclúense a demolición do pavimento deteriorado, no que se aprecian importantes fisuras e roturas, e a posterior reposición do firme na explanada; a execución do drenaxe mediante cuneta perimetral -as fendas favorecen a entrada de auga ao terraplén- e posterior conexión ao existente; e a retirada e reposición do peche perimetral con malla metálica. O prazo estimado de execución é de 5 meses desde o inicio da obra.

Finca Matías

Por último, no proxecto da Finca Matías, do que a institución provincial financia 2,6 millóns de euros, facéndose cargo o Concello dos 670.000€ restantes, remodelarase este espazo, situado entre a Travesía de Vigo e rúa Aragón, para dotalo dun macroparque con área de xogos infantís inclusivos e non inclusivos e de xogos interactivos. Ademais adecuaranse os accesos, incorporaranse zonas veredes, instalaranse novos elementos de mobiliario urbano e modernizaranse, entre outras cuestións, as redes de subministro e a iluminación.

Convenio de 5 millóns co Concello de Vigo

O presidente da Deputación, Luis López, lembrou que estes son os catro primeiros proxectos con cargo aos 5 millóns de euros que a Deputación ten reservados para Vigo.

A esta cantidade hai que sumar os 6,2 millóns de euros xa destinados a diferentes actuacións en rúas da cidade -correspondentes a proxectos que o Concello deixara sen executar e polos que o alcalde, Abel Caballero, amosouse «encantado»-.

Grada de Gol en Balaídos

Ademais, Abel Caballero e Luis López asinaron outro acordo polo cal achegarán ao 50% os 26 millóns de euros que costará a reforma integral da Grada de Gol, no Estadio Municipal de Balaídos. Deste xeito, o Concello de Vigo achegará 13 millóns e a mesma cantidade a Deputación de Pontevedra. No acto, celebrado no mesmo campo o pasado mes de xuño, López e Caballero amosaron a súa boa sintonía e o alcalde Caballero recoñeceu «a boa disposición» do organismo provincial, agradecendo que non houbes problema algún e que tanto a Deputación como o seu presidente tivesen cumprido

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.