O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno galeho vai ampliar a última edición dos Bonos Activa Comercio cunha inversión de 2,5 millóns de euros. Esta ampliación publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) este xoves 5 de decembro e o Bono reactivarase o luns 9 ás 09:00h.
Ollo, ten en conta
- Trátase dun bono por valor de 30 €. En función do importe das compras, poderán obterse os seguintes descontos:
- 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €
- 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €
- 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €
- Todas estas contías enténdense co IVE incluído
- Estarán dispoñibles para a súa descarga desde o 04/11/2024 ata o 31/12/2024 (salvo esgotamento previo do crédito do programa)
- Terá a consideración de bono desconto e o importe irase consumindo en función do valor da compra
- Para empregalo terá que dirixirse a un dos establecementos adheridos
- Non será aplicable o troco dos bonos para as compras en liña
Establecementos
Asi mesmo, os establecementos que queiran sumarse aos 7.000 xa adheridos a esta iniciativa poderán realizalo a partir deste venres de xeito telemático, día seguinte ao da súa publicación no DOG. A partir do luns, os cidadáns que descargasen o bono e non o consumisen enteiro poderán facelo e, os que aínda non o tivesen, poderán obtelo.
Ademais en vigoalminuto
- Terromoto de magnitude 3, fronte á costa galega
- Presentan un informe que advierte del “peligro” de la instalación eléctrica de las atracciones navideñas de la Alameda
- Dende o luns, ás 9 da mañá, podes solicitar o ‘Bono Comercio’
- Correos instala buzones en Redondela, Cangas, Ponteareas y Vigo para enviar las cartas a Papá Noel y los Reyes Magos
- Jorge Pardo en Vigo: el maestro de la fusión flamenco-jazz este viernes en MasterClub
- La A-55 repite como la carretera más peligrosa
Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia, Rueda informou dalgunhas políticas impulsadas pola Xunta en materia sanitaria, industrial, económica ou de vivenda. Nesta liña, anunciou que os fondos iniciais destinados aos Bonos Activa Comercio vanse duplicar “ante o gran éxito da última edición”.
O presidente engadiu que esta decisión responde á demanda tanto de cidadáns como de establecementos e de cumprir co obxectivo de “mover a pequena economía”.