O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou este martes un terremoto de magnitude 3 fronte á costa norte de Galicia.
Dacordo cos seus datos, o sismo produciuse ás 21:56 horas a 20 quilómetros de profundidade e sentiuse, con diferente intensidade, en sete municipios galegos. En concreto, cidadáns dos municipios coruñeses de Valdoviño, Ortigueira, Viveiro, Ares, Mañón e Moeche, e de Castro de Rei – en Lugo-, comunicaron a distintos organismos que notarán este tremor.
Tremores frecuentes
O rexistro de sismos en Galicia non é excepcional, de feito é frecuente, así, o ano pasado sentimos en Vigo -e en outros 19 concellos- un terremoto de fora 3, con epicentro en Ponteareas; en xaneiro de 2022 houbo outros movementos semellantes en Covelo, daquela de grao 2,2; o día 27 do mesmo mes, outro sismo frente á costa de Galicia, que tamén notamos en Vigo: fora un tremor de grao 4.2, en pleno día, pouco antes das 4 da tarde.
Así, en Galicia, os terremotos están asociados aos bordes de placa como a Cordillera Cantábrica ou a Depresión de Ourense e tamén ao límite da Plataforma continental, na súa zonaa mergullada ao comezo do talude continental -na Costa de Foz-Burela-.
Aínda que Lugo é a provincia galega nas que hai máis tremores -especialmente na áres de Triacastela e Becerreá- tamén se rexistran nas outras tres. Polo que ten que ver coa de Pontevedra, fundamentalmente están concentrados ao sur e oeste, e tamén en Pontecaldelas.