A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, celebra o Nadal cun concerto o domingo, día 22, ás 12:00 horas no Auditorio Municipal do Concello de Vigo -na Praza do Rei- A entrada é gratuita ata completar aforo.
Tres orquestras
Nesta ocasión actuarán tres formacións. En primeiro lugar, a Orquestra Infantil dirixida por Raquel Fernández e que inclúe no seu repertorio un conto musicalizado. A continuación a Orquestra Xiuvenil, dirixida por José Manuel Fernández e por último, xuntaránse as dúas formacións e co Tutti participará o Coro Kv2211, formado por pais, nais e amigos da orquestra.
Ademais en vigoalminuto
- Rueda asegura que a Galicia “no le soluciona nada” que el Gobierno le condone 4.000 millones de deuda
- Stellantis suspende la paga de beneficios para sus trabajadores
- Rugido de motores y la mejor gastronomía, de la mano en el ‘XLVI Rally da Lamprea de Monçao’
- A Xunta sacará a concurso 82 parcelas en Navia para a construción de 153 vivendas protexidas
- ‘Henry Méndez’ e ‘París de Noia’ poñen a nota musical ao Entroido do Porriño
- Sanidade dispuesta a llegar a un acuerdo con Povisa por dos años y 195 millones
Un 2024 intenso
Con este concerto, a Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, pecha un intenso ano 2024 no que os mozos e mozas desta formación participaron en sete concertos nas distintas formacións que conforman o Proxecto Kv2211. Así, en xaneiro, a actividade cultural comenzou co Concerto de Aninovo, en marzo, “Música para unha Reconquista”; en xuño o concerto de verán ademáis de das actuacións do Ensemble de Cordas, do Ensemble de Chelos e da Orquestra Infantil no marco do Tac! Festival.
Tras o verán, a Orquestra Infantil iniciou a tempada co concerto “Música clásica polas parroquias” en Navia e a Orquestra Xuvenil celebrou en novembro o día de Santa Icía cun concerto especial adicado a música cubana baixo a dirección do maestre e compositor cubano Guido López Gavilán no que xa é o concerto que máis público congregou desta agrupación.
Este ano a Orquestra realizou, ademáis, Clases Maxistrais co gallo de mellorar a formación dos músicos de corda, que tiveron lugar na primeira semana de setembro na Escuela de Música Amadeus de Vigo.
O vindeiro concerto será o Concerto de Aninovo previsto para o sábado 11 de xaneiro ás 19:00 horas no Centro Cultural de Beade.