Galicia

Langostinos, robaliza ou salpicón de marisco, nos menús de Nadal dos hospitais de Vigo

Tamén bacallau, tenreira, pescada con ameixas, pavo e doces

O conselleiro de Sanidade asegura que antes de o verán entrará en servizo a ampliación do Hospital de Día en Vigo

Os pacientes ingresados nos hospitais da Área Sanitaria de Vigo recibirán, como vén sendo habitual, un menú especial para estas festas de Nadal e Reis. O servizo de Restauración servirá un menú diferente composto dun primeiro prato -con dous entrantes-, un segundo prato e sobremesa típica para as persoas ingresadas que deben permanecer no hospital os días 24, 25, 31 de decembro e os días 1, 5 e 6 de xaneiro.

Menús

Os menús serán os seguintes:

  • NOITEBOA: o primeiro prato estará composto de lagostinos con maionesa e crema de marisco ao eneldo. O segundo prato será: bacallau ao gratén con ali-oli de mermelo, mentres que a sobremesa estará composta por panna-cota con coulis de froitos vermellos e doces de Nadal
  • DÍA DE NADAL: para o xantar do 25 de decembro, o primeiro prato  terá, por un lado, ensalada de inverno con escarola, puntas de espárrago a grans de granada con vinagreta francesa e sopa de Nadal. Tournedó de ave con salsa de uvas será o prato principal, mentres que a sobremesa estará composta de torta de tres chocolates e doces de Nadal.
  • NOITEVELLA: Lagostinos con maionesa e consomé de garavanzos, verduriñas e boletus serán os entrantes, mentres que o prato principal será meloso de tenreira con parmentier de batata (boniato, en castelán) e xerminado de cebola. Tiramisú, doces de Nadal e as Uvas da Sorte, serán a sobremesa desta noite.
  • ANINOVO: o primeiro prato estará composto de vieira á galega e cogollos con ventresca con aliño de alcaparra e ovo. O segundo prato terá  robaliza ao forno con pataca, cebola e tomates cherry como protagonista. Para finalizar, a sobremesa será unha ensalada de froitas e os típicos doces de Nadal.
  • VÉSPERA DE REIS: a cea estará composta por un entrantes de pionono de Nadal e crema de grelos con quixo fresco. Como segundo prato servirase pescada con ameixas (almejas) e ervellas, finalizando cunha sobremesa composta de flan de ananás e chocolate, sen que falten os doces de Nadal.
  • DÍA DE REIS: as persoas ingresadas almorzarán co típico Roscón de Reis. Xa no xantar, se servirá un salpicón de marisco ao arume de lima para pasar a un segundo prato de peituga de pavo asada con ameixas (ciruelas) e orejones. Semifrío de queixo e arandos será a sobremesa.

Outras novas en vigoalminuto


Preto de 800 menús

Habitualmente, sérvense unha media de 935 menús diarios, que se elaboran nas instalacións da cociña do Hospital Álvaro Cunqueiro. Na actualidade, o servizo conta con 174 persoas entre as diferentes categorías profesionais distribuídas nos tres hospitais .

O número de pacientes ingresados nas datas de Nadal acostuma ser menor que nun día normal do ano. O servizo de restauración estima servir para a cea de Noiteboa preto de  320 dietas basais, destinadas a pacientes sen restricións alimentarias que poderán degustar os menús preparados especialmente para estas datas sinaladas.

No que se refire ao resto de pacientes, en torno a 475, recibirán un menú adaptado a súas restricións alimentarias, aínda que sempre que sexa posible estará composto tamén por pratos especiais do menú basal adaptados á dieta prescrita.

Te podría interesar