O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, visitou a Illa de Arousa, onde, acompañado do alcalde, Luis Arosa, visitou os dous terreos que o Concello está a piques de adquirir ao Plan Nacional sobre Drogas na avenida da Ponte e no monte do Outeiro, cunha superficie duns 3.000 metros cadrados cada un e valorados conxuntamente en 361.000 euros. As dúas parcelas, que serán dedicadas á construción dun bloque dunhas 70 vivendas sociais e dun parque público, eran propiedade do narcotraficante Marcial Dorado.
Abel Losada afirmou que a recuperación para o pobo da Illa de Arousa destas dúas propiedades “non só é un acto de xustiza social, senón, sobre todo, un acto de xustiza poética“, porque “non se me ocorre mellor fin para dúas propiedades confiscadas polo Estado a Marcial Dorado que a construción de vivendas para a xente que máis o necesita e a apertura dun parque público”. Ao mesmo tempo, reivindicou o papel dos concellos como impulsores directos da construción de vivenda social, para o que garantiu a colaboración do Goberno de España.
Un coñecido narcotraficante “amigo” de Feijóo
O subdelegado do Goberno recordou que Marcial Dorado “é un coñecido narcotraficante que todos coñeciamos ben en Galicia e que, no seu día, tiña algún compañeiro de viaxes que logo chegou a presidente da Xunta [en referencia a Feijóo] e que o que fixo durante 14 anos foi unha auténtica folga de brazos caídos en todo o que ten que ver coas políticas de vivenda pública”.
Capacidade de traballo
Finalmente, destacou a capacidade de traballo de Luis Arosa para alcanzar un novo acordo co Plan Nacional sobre Drogas para que estas dúas propiedades pasen á titularidade municipal, é dicir, ao servizo público, en lugar de ser subastadas ao mellor postor.
Por iso, ofreceu toda a axuda da Subdelegación do Goberno para que o Concello culmine os fins perseguidos. Anunciou xestións xa coa entidade pública empresarial SEPES, adscrita ao Ministerio de Vivenda. “Toda Galicia e toda España debe saber que o edificio de vivendas públicas que aquí sei vai construir e que o parque público do monte do Outeiro saíron do patrimonio ilegal do señor Marcial Dorado“. A este respecto, o alcalde da Illa recordou que xa enviou tres cartas á Consellería de Vivenda, da Xunta de Galicia, sen recibir resposta. Así as cousas, agradeceu o asesoramento do SEPES para a adquisición do solar da avenida da Ponte.
Tamén en vigoalminuto
- Hallan muerto a un hombre en una calle de Vigo
- Raphael padece un linfoma cerebral
- Losada cualifica de “xustiza poética” a compra dos terreos do narco Marcial Dorado para construír vivenda social
- Raquel Atanes e Juan Fuentes darán as badaladas por adiantadas, no Porriño, ao ritmo de ‘El Combo Dominicano’
- Retienen a un caco cuando forzaba la entrada de una vivienda, en Vigo
- Piden al alcalde a que emita un bando limitando el uso de la pirotecnia en Fin de Año
“Día de festa”
Luis Arosa dixo que estamos “nun día de festa”, pois o Concello da Illa de Arousa pode anunciar a compra doutras dúas parcelas ao Plan Nacional sobre Drogas, que se suman á xa adquirida na zona do Testo, onde está previsto facer o pavillón de deportes. Ao respecto da parcela da avenida da Ponte explicou que o Plan de Urbanismo a Illa de Arousa “non podía caer na especulación urbanística, dado que é un solar moi atractivo ao ter unha edificabilidade de baixo, dous andares e baixo cuberta, é dicir a máxima permitida na Illa“. Subliñou que será “unha gran axuda para fixar poboación nun municipio que, polas súas características, ten moi pouco solo edificable”.