O Bloque Nacionalista Galego cualificou de “insultante” o anuncio realizado onte polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, dunha liña de axudas municipais á rehabilitación de vivendas para as destinar a alugueiro.
En esta liña, Xabier P. Igrexas portavoz municipal do BNG, rexeita este “anuncio propagandístico” que “no mellor dos casos permitirá rehabilitar menos de 40 vivendas para destinalas a alugueiro”. O concelleiro nacionalista asegura que concejal “é unha verdadeira tomadura de pelo tendo en conta o gravísimo problema de acceso social á vivenda que padecemos en Vigo”, remachou.
6.000 familias rexistradas na cidade como demandantes de vivenda e 22.000 pisos valeiros
Igrexas lembrou que en Vigo xa son máis de 6.000 as familias rexistradas como demandantes de vivenda protexida, das que 8 de cada 10 piden ter acceso a alugueiro social. Nun contexto marcado polo aumento do prezo dos alugueiros por volta dun 30% nos últimos cinco anos e polo avance “sen freo” da ameaza ultraespeculativa dos pisos turísticos, que son xa máis de 2.150 en Vigo após incrementarse nun 217% desde 2021, nunha cidade na que seguen a ser máis de 22.000 as vivendas baleiras (segundo datos oficiais do censo do INE, en troca das 12.000 das que fala o alcalde).
Ademais en vigoalminuto
- La Cabalgata de Vigo será este domingo en Ifevi
- Cualifican de “insulto propagandístico” as axudas anunciadas polo alcalde para rehabilitar vivendas para alugueiro
- El billete ordinario de Vitrasa sube 6 céntimos: de 1,57 a 1,63€
- Ya puedes comprar tu pasaje a Canarias, desde Peinador, a partir de 84,80€
- Licitado en algo más de 1 millón de euros el nuevo ascensor de Juan Ramón Jiménez
- Nigrán adelanta la Cabalgata a este sábado, día 4
Caballero prometu 6.000 vivendas en 2007
“Non lle imos esixir a Caballero as 6.000 vivendas que prometeu que faría en 2007 e das que 16 anos despois non fixo ningunha, pero o Goberno municipal pode e debe facer moito máis para facilitar o acceso social á vivenda”, defende.
Medidas
O portavoz municipal nacionalista anunciou que no vindeiro Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo proporán tres medidas concretas:
- 1ª .- constituír a Axencia Local de Vivenda Protexida e Social como primeiro paso para dotar a cidade dun parque de vivenda pública
- 2ª.- promover unha modificación orzamentaria para incorporar, no mínimo, 5 millóns de euros dos preto de 200 que ten o Concello de remanentes para despregar política de vivenda
- 3ª.- despregar un Plan de Emerxencia Habitacional que permita dispoñer ao longo deste 2025 de como mínimo 250 vivendas municipais para alugueiro social, tendo en conta que a día de hoxe a Sareb e outros bancos privados rescatados con diñeiro público dispoñen de máis de 300 pisos baleiros
“Efectivizar esas tres medidas, que xa foron acordadas no Pleno do pasado mes de marzo a través dunha moción do BNG, só require de vontade política e por iso tendémoslle a man ao Goberno local para poñelas en marcha antes de que remate este mes de xaneiro”, remachou Igrexas.