As 133 procuradoras e procuradores colexiados no partido xudicial de Vigo realizaron en 2024 unha cifra récord de intermediación nos xulgados da cidade, cos datos máis elevados de actividade dende que existen rexistros.
Así, a cifra de escritos xestionados para os clientes en 2024 sitúase en 118.213, un 21% máis que en 2023 e moi superior a anos como 2019, antes da pandemia. Nesta liña, as notificacións rexistradas nos xulgados de Vigo acadaron tamén unha cifra récord, con 610.789 xestionadas, un 20% máis que en 2023 e, segundo os datos do Colexio de Procuradores de Vigo, o número de notificacións xestionadas en xornadas hábiles sitúase en 2.000 diarias.
De feito, setembro é o mes co maior número de notificacións e escritos xudiciais xestionados polos procuradores, con 67.033, por vir precedido dun mes inhábil xudicialmente (agosto). Deste xeito, nos últimos cinco anos (2020-2024), as notificacións rexistradas nos xulgados de Vigo incrementáronse un 39%.
Ademais en vigoalminuto
- Vitrasa y sus trabajadores firman este jueves el fin definitivo de la huelga
- Tamar Novas y la Real Filharmonía, este jueves en el Teatro García Barbón
- El doctor Andrés Íñiguez, jefe de Cardiología de Vigo, estará al frente de las asociaciones científico-médicas españolas
- Un vecino de Areal llama al Emergencias al no poder salir de su portal, a causa del agua
Papel clave
O traballo xudicial dos procuradores está moi ligado aos avogados e aos departamentos xurídicos das empresas, pois son os encargados de elaborar e tramitar entre xulgados e xudiciables as diferentes fases de cada xuízo. O seu papel é clave no cumprimento dos prazos legais, mais os procuradores están a traballar co Congreso dos Deputados para que a nova lexislación aumente as súas competencias o que permitirá axilizar a Xustiza e reducir o crecente atasco xudicial.
“Somos uns profesionais que, con máis competencias, como sucede en Portugal, poderíamos reducir o atasco xudicial á metade en só cinco anos”, sinala Gisela Álvarez, vicedecana dos procuradores de Vigo.
“Os xuíces e os xulgados de Vigo funcionan ben, temos na cidade mesmo xulgados modelo premiados pola súa dedicación. Os procuradores poderíamos restar tempo a cada caso, reducir ao mínimo os tempos das tramitacións e execucións se nos dan competencias como embargar, notificar ou executar”, subliña José Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores de Vigo.