Tras arrincar o ano cunha oferta cultural para toda a familia, o Auditorio Mar de Vigo mantén o ritmo esta n de semana con dous eventos imperdibles: o XV aniversario de Noites de Retranca, con grandes guras do humor galego, e “El Mago Invisible”, un espectáculo que levará ao público a unha viaxe chea de ilusións e sorpresas.
Noites de Retranca
Este venres 10 de xaneiro, o Mar de Vigo vestirase de gala para celebrar o XV aniversario de Noites de Retranca, un dos espectáculos que redeniu o humor galego. Dúas funcións, ás 21.00 e 23.30 horas, reunirán a algúns dos cómicos máis destacados da escena: Luis Zahera, gañador de dous premios Goya e coñecido polo seu carisma; Manquiña, unha lenda do humor; e os talentosos Rafa Durán e Oswaldo Digón. Un espectáculo que promete gargalladas e un cheo absoluto, xa que só quedan as últimas entradas dispoñibles.
‘El Mago Invisible’
O domingo 12, a maxia será a protagonista con dúas funcións de “El Mago Invisible”, ás 18.00 e 20.30 horas. No seu espectáculo “Nada es lo que parece”, o público será testemuña de teletransportacións, desaparicións, mentalismo e ilusións creadas con obxectos cotiáns. Este show non só borrará os límites entre o real e o imaxinario, senón que tamén ofrecerá maxia interactiva, onde o público poderá participar activamente desde os seus asentos ou en primeira persoa. Unha experiencia única para gozar en familia.
Tamén en vigoalminuto
- Vuelve la Panificadora, un clásico en las noticias de Vigo de los últimos 20 años
- Cuatro conductores interceptados borrachos, tres de ellos también bajo los efectos de la cocaína
- Veciños de Teis organizan este sábado un acto polo ‘Día de Rosalía’ e para reclamar a biblioteca
- Aprobado el proyecto de humanización de la Avenida de Clara Campoamor
Unha axenda de xaneiro repleta de grandes eventos
A programación do Auditorio Mar de Vigo continuará este mes de xaneiro con propostas que inclúen teatro, música e danza para todos os públicos.
- O sábado 18 ás 21.00 horas, a hilarante comedia musical “50 Sombras – El Musical” levará ao escenario unha parodia cegadora dun fenómeno literario a nivel mundial. Esa mesma mañá, ás 12.00 horas, “Madagascar, El Musical”, baseado na película animada de DreamWorks
- O domingo 19 ás 18.30 horas, a Film Symphony Orchestra emocionará aos amantes da música de cinema co seu espectáculo “TARAB”
- Máis adiante, o venres 24 ás 21.00 horas, Café Quijano deleitará aos seus fans coas cancións do seu novo disco “Miami 1990”
- O sábado 25, ás 21.00 horas, o prestixioso Tchaikovsky National Ballet presentará “El Lago de los
Cisnes”

