O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe a licitación do novo treito da autovía AG-42 Tui-A Guarda, que conectará o enlace de Areas coa PO-350, entre os concellos de Tui e Tomiño. Este proxecto,
“absolutamente fundamental”, tal e como indicou, para o Baixo Miño e o sur de Galicia, contará cun investimento de máis de 17 millóns de euros e un prazo de execución de 24 meses, estando previsto o inicio das obras para mediados deste 2025.
Conexión coa A-55
Durante o acto, Rueda, que estivo acompañado pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, lembrou que en febreiro se puxo en servizo o enlace coa A-
55, que incluía a conexión co polígono de Areas. “Hoxe damos un paso máis con esta licitación, que xa está publicada no Perfil do Contratante”, engadiu.
Tamén en vigoalminuto
- ¿Qué hacer si el aeropuerto o la aerolínea pierden tu equipaje estas vacaciones?
- Licitada a redacción do proxecto e dirección de obra para construir 75 vivendas en Navia
- 4.200 plazas extra para viajar en tren a Madrid esta Semana Santa
- Más de 100 pianistas internacionales llegan a Vigo: buscan hogares y pianos para ensayar
- Detenido cuando ofrecía cocaína en el exterior de una discoteca de Areal
- Instan a Abel Caballero a intervenir, tras el informe de Contas sobre la gestión de Bembrive
4 quilómetros
O novo treito da autovía, de case 4 quilómetros, contará coas mellores prestacións para garantir a seguridade e a eficiencia no transporte. Rueda subliñou que a AG-42 mellorará significativamente a mobilidade do Baixo Miño, facilitando os desprazamentos tanto de vehículos lixeiros como de transportistas.
“E imos seguir ata completar esta infraestrutura, ata enlazar en Goián, e xa estamos facendo os trámites administrativos e orzamentando o necesario para que isto sexa unha realidade”, concluiu o xefe do executivo galego.