Cultura

Falece a señora Alicia, icona do Festival de Cans

Uns días antes de cumprir 97 anos

Falece a señora Alicia, icona do Festival de Cans

O Festival de Cans anunciou este martes nas súas redes o falecemento de Alicia Sánchez, unha das veciñas máis emblemáticas da aldea. Alicia Sánchez faleceu en Santiago de Compostela uns días antes de cumprir 97 anos. En Cans sempre será recordada polo seu carácter afable  e a súa xenerosidade para ceder a súa leira e o seu jalpón para coloquios e proxecións.

Jalpón e Leira de Alicia

Tanto o Jalpón como a Leira de Alicia foron converténdonse en espazos míticos do Festival de Cans, en parte debido ao que a súa dona desfrutaba recibindo xente. Na súa leira impartiron coloquios cineastas de relevancia como Fernando León, ou José Luis Cuerda, xunto con actrices como Leonor Watling ou actores como Tristán Ulloa ou Karra Elejalde, entre outros, aos que sempre gostaba de recibir na entrada da súa casa.

Na Leira de Alicia tamén actuaron artistas como Iván Ferreiro ou Depedro. Polo seu histórico jalpón pasaron tamén a facer presentacións outros creadores como Rodrigo Sorogoyen ou Manuel Martín Cuenca.
“Alicia era unha das nosas. Aínda que nos últimos anos non vivía en Cans, deixábanos as chaves para dispoñer da casa durante o ano. O seu jalpón, a súa adega ou o seu faiado eran almacéns do festival durante o ano”, manifestou o director do certame, Alfonso Pato. 

Aínda que nos últimos anos residía en Compostela, a Señora Alicia sempre era convidada a facer a primeira presentación da imaxe do festival nesa cidade, e a lucir a primeira camisola de cada edición, como así foi hai case un ano. Alicia Sánchez converteuse ano tras ano nunha imaxe icónica do festival ao aparecer en camisolas co lema “Alicia Calidade” ou ser unha das imaxes de maiores da aldea que Estrella Galicia elixiiu para facer lonas xigantes co lema “A Resistencia” e incluso para rodar un spot publicitario. As súas aparicións en prensa e televisión contribuiron á súa popularidade máis alá da aldea, onde cada ano a visitaban multitude de persoas que pasaban polo certame.


Tamén en vigoalminuto


Xenerosidade

Alicia Sánchez tivo a vida difícil de moitas mulleres da súa xeración, sacando a súa familia adiante, despois de emigrar co seu marido a Venezuela onde aínda reside un dos seus fillos. Na súa casa, aconteceron numerosas anécdotas ao largo de diferentes edicións do festival. Desde que artistas como Tony Lomba ou Sés foran cantar con ela ao seu balcón, ata que prestase a súa habitación para que o líder de Def Con Dos, César Strawberry, poidese botar unha sesta na súa cama.

Desde hai uns meses, a casa de Alicia cambiou de propietario e foi vendida a unha nova familia que chegou á aldea, coa que o Festival de Cans está en conversas para poder seguir usando para as proxecións este emblemático jalpón. 

O Festival de Cans, cuxa XXII edición terá lugar do 20 ao 24 de maio e que ten aberto o prazo de inscripción de obras, tratará de preservar a memoria dunha das súas históricas veciñas. A organización avanza que haberá un acto especial na vindeira edición, para honrar a memoria de Alicia Sánchez.

Te podría interesar