Vigo presenta este xoves 23 de xaneiro en FITUR a súa proposta turística para este ano 2025. Será no espazo de Turespaña, “o máis importante de toda a feira”, ás 12:30 horas, e poderá seguirse en streaming a través de vigoalminuto.
O slogan deste ano será “Vigo, cidade única no mundo” un fío que permitirá amosar que “somos únicos no Nadal, únicos no Marisquiño, nas praias, na Reconquista, nos concertos de Castrelos gratuítos e únicos en tantos e tanto eventos que van sucedendo na cidade”, apuntou hoxe o alcalde.
Paula Montes e Luis García Rey, conducirán a presentación, que contará coa presenza dos tamén vigueses Rodolfo Irago e Carlota Corredera. O Concello contará cunha hora para “rastrear toda a cidade; imos ensinarlle a toda España o que é Vigo e o que somos. Queremos ensinalo a todo o mundo”.
Outras novas
- Muere el Papa Francisco
- Abre una nueva cafetería en Vialia, en el espacio de Bouzas WorkSpace
- Heredeiros da Crus abre en Tui a xira do seu novo traballo “Trankimasin”
- Máis de 400.000€ para acabar a modernización da Praza de Abastos do Porriño
- Muere atropellado por su propio coche
- Este domingo, último día de la 2ª ronda del Concurso Internacional de Piano ‘Ciudad de Vigo’
“Vigo, o estudio das mil historias”
Ademais, o Concello realizará outra presentación na Feira Internacional de Turismo, baixo o lema “Vigo, o estudio das mil historias” amosará o Vigo das rodaxes, das películas, das curtas, o Vigo do cine.
O acto será no auditorio de Fitur Screen entre as 11 e as 11.30 horas e contará coa participación do actor Antonio Durán “Morris”. “Imos ensinar en Fitur o que está sucedendo”, coa rodaxe do anuncio da lotería en Vigo e dos anuncios de Nadal de empresas importantes de España “que se rodan en Vigo porque Vigo é a imaxe da amabilidade, a imaxe do turismo que nós apreciamos, o turismo que é ben recibido; a xente sinte que cando pisa Vigo é parte da cidade”.