O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentou en Fitur a campaña de promoción do destino turístico Rías Baixas. Unha campaña que, como informou vigoalminuto, leva por lema “Cando Volves?” e que pon o foco no interior da provincia.
“Partimos do convencemento de que o río, o val ou o cocido son tan Rías Baixas como a ría, a illa ou a
batea. Todo forma parte desta provincia extraordinaria e merece ser atendido en igual proporción. Algo
que xa figura na nosa folla de ruta para o turismo, que é a Estratexia Rías Baixas Turismo 61, que inclúe aos 61 concellos da provincia”, explicou o presidente provincial o sentido dunha presentación á que asistiu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, así como outros membros do goberno provincial, rexedores de distintos concellos da provincia e representantes do sector turístico.
Hospitalidade
Nun acto celebrado no stand de Turismo de Galicia e dirixido pola xornalista Noa García o presidente Luis López, comezou a presentación coa proxección da peza promocional da campaña “Cando Volves?”. Unha obra audiovisual na que os lugares do interior da provincia teñen todo o protagonismo. “Esta campaña tamén fala da nosa hospitalidade, do carácter acolledor da nosa xente. Refírese a ese turismo recorrente de quen se sinte un veciño máis. Con todo, aínda queda moito da provincia por descubrir e queremos convidar á xente a facelo en diferentes ocasións ao longo de todo o ano”, sinalou o presidente.
Sempre hai boas razóns para volver
Luis López salientou que un dos obxectivos que persegue a estratexia turística da Deputación, que é a desestacionalización do destino. E os argumentos para acadalo son variados. “Rías Baixas é a viaxe que nunca remata. A actividade no interior das Rías Baixas non pausa cando termina o verán. Chega a vendima, despois o magosto, o Nadal, o Entroido, logo florece a camelia, temos os nosos castelos, un enoturismo e un turismo deportivo espectaculares; e a nosa gastronomía acompaña eses cambios de estacións. Agora é época dun cocido en Lalín, pronto chegará a lamprea… Sempre hai boas razóns para volver”, enumerou Luis López unha longa lista de atractivos que identifican o interior da provincia para dar paso á segunda peza audiovisual da campaña, centrada en experiencias 100 % interior das Rías Baixas.
Ademais en vigoalminuto
- A “forza interior” das Rías Baixas atractivo turístico para este 2025
- No hay droga dentro del ‘narcosubmarino’ localizado en la Costa da Morte
- Renfe pone en circulación dos nuevos Avlo entre Vigo y Madrid
- C. Tangana, en Vigo este próximo día 30
- O conselleiro de Sanidade asegura que antes de o verán entrará en servizo a ampliación do Hospital de Día en Vigo
- Vigo deja pasmado a FITUR
Destino líder
Uns atractivos propios da provincia de Pontevedra que están a facer das Rías Baixas un destino líder. A
provincia de Pontevedra acapara xa un terzo dos visitantes que chegan a Galicia, é o destino favorito da España verde que compoñen País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia e está a chamar a atención dun turismo internacional que no pasado verán medrou nun 25%.
“Rías Baixas é un destino consolidado, que este ano presentou uns datos inmellorables de liderado. Se preguntamos aquí mesmo, en IFEMA, comprobaremos que moitas persoas de todo o país xa nos visitaron e que unha boa parte delas está deseando volver”, asegurou o dirixente provincial.
Experiencias 100 % interior Rías Baixas
Este acto en Fitur serviu tamén para introducir unha serie documental que se estrará nas canles de Turismo Rías Baixas e que terán como obxectivo amosar as infinitas posibilidades que ofrece o interior da provincia, desde escapadas para observación de estrelas, ata termalismo, pasando por observación de aves, turismo activo e de aventura ou interpretación de petróglifos. “O abano de posibilidades é inagotable”, remarcou López.
Emblema
A presentación da campaña de Turismo Rías Baixas en Fitur rematou desvelando o emblema da campaña,
un produto tradicional do interior da provincia e sinónimo de calidade, artesanía e innovación. Unha cunca conmemorativa elaborada no taller da artesana viguesa Olalla Lojo. “A cunca é tradición, transpórtanos ás Rías Baixas de onte, pero nun hoxe sustentable e coidado”, expuxo o presidente antes de ofrecer un terceiro vídeo, neste caso sobre a elaboración destas cuncas e o seu simbolismo.
Despois de amosar o seu agradecemento pola expectación que motivou a presentación da campaña
turística das Rías Baixas, Luis López pechou o acto lanzando unha cuestión ao aire. “Quen vén repite, quen
proba, quere quedar e quen viaxa, sinte a forza do noso interior. Así que só queda preguntar, cando
volves?”