Comarcas

A humanización da rúa San Sebastián, no centro do Porriño, estará rematada en marzo

O Concello traballa para crear, ademáis, unha praza que conecte a Capela e a Fonte de San Sebastián

A humanización da rúa San Sebastián, no centro do Porriño, estará rematada en marzo

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, visitou as obras de humanización que se están a executar na rúa San Sebastián. Acompañado polos concelleiros de Vías e Obras e de Parques e Xardíns, comprobou o ritmo ao que avanzan os traballos, que están a desenvolverse conforme ás condicións establecidas no contrato.

Lorenzo destacou a importancia desta actuación para mellorar a seguridade e a calidade de vida da veciñanza. “Estamos a transformar esta rúa para que pase de ser un espazo deteriorado e inseguro a converterse nun lugar accesible, moderno e funcional, pensado para as persoas e para fomentar a convivencia“, sinalou.


Tamén en vigoalminuto


Conecta a rúa San Sebastián coa peonil de San Bieito e co antigo Campo da Feira

A obra, cun orzamento inicial de 537.384 euros e adxudicada por 472.791 euros, supón a primeira fase dun proxecto integral que conecta a rúa San Sebastián coa peonil de San Bieito e co antigo Campo da Feira. Entre as intervencións en marcha destacan a renovación das redes de saneamento e abastecemento, a reorganización do tráfico e do aparcamento, a mellora da iluminación, e a creación dunha nova praza pública con zonas verdes e de lecer.

O alcalde resaltou que a humanización da rúa San Sebastián, principal acceso do Camiño de Santiago ao centro urbano de O Porriño, busca potenciar a mobilidade peonil e mellorar a conexión entre espazos patrimoniais clave.

Praza que conecte a Capela e a Fonte de San Sebastián

Ademais, o rexedor destacou que se está a traballar nunha nova actuación, para a que se buscará financiamento, co obxectivo de crear unha praza que conecte a Capela e a Fonte de San Sebastián, avanzando así cara á humanización completa da zona. Este espazo contará con pérgolas vexetais, mobiliario urbano e zonas de descanso.

Te podría interesar