Domingo Villar estará eternamente na Alameda

“Domingo era de Vigo ali por onde foi e a súa cabeza e o seu corazón sempre estiveron aquí”

Domingo Villar xa ten a súa estatua na Alameda

Domingo Villar xa ten a súa estatua na Alameda. O escritor vigués, desaparecido o 18 de maio de 2022, estará sentado para sempre preto da rúa García Olloqui, nun dos lugares frecuentados polo inspector Leo Caldas protagonista da coñecidísima triloxía da que Villar fora autor – ‘Ollos de auga’, ‘A praia dos afogados’ (na que baseouse a película protagonizada en 2015 por Carmelo Gómez) e ‘O último barco’-.

A familia de Domingo- a súa muller, Beatriz Lozano, os seus fillos, Tomás Mauro e Antón e os seus irmáns, Alfonso, Andrés e Clara- estiveron no acto de inauguración da escultura, obra de Pedro Dobao, que representa ao escritor sentado nun banco xunto cuns libros.

Beatriz Lozano subliñou que “os meus fillos tiveron a sorte de ter un pai excepcional e temos a sorte de ter unha cidade excepcional que recoñece o seu mérito literario e o seu amor por Vigo. Domingo era de Vigo e alí por onde foi e a súa cabeza e o seu corazón sempre estiveron aquí e con esta estatua permanecerá na lembranza dos vigueses das xeracións presentes e futuras”.

O instituto de Navia e a Biblioteca do Estado

Domingo Villar terá outros lugares de lembranza en Vigo, así o novo instituto que está a construírse en Navia, levará o seu nome e tamén a futura Biblioteca do Estado, tal e como anunciara o alcalde quen hoxe salientou que “Domingo para sempre permanecerá como unha parte da historia da cidade”.

Te podría interesar