Esta nova é importante: a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) precisa máis doazóns, especialmente do grupo 0-, popularmente coñecido como doante universal.
Así, dende ADOS lembran que en xaneiro e febreiro hai máis enfermidades como a gripe, que impiden a doazón de forma temporal o que fai que haxa menos doacións.
Como inisitimos noutras ocasións, os hospitais galegos precisan, todos os días do ano, entre 400 e 500 doazóns de sangue para facer fronte ás necesidades básicas e que para moitas das tarefas que se realizan nos centros sanitarios galegos son imprescindibles os compoñentes sanguíneos.
Tamén en vigoalminuto
- Zona Franca estudia un nuevo lugar para el World Car Center, ante la imposibilidad de construirlo en Portanet
- Música, cultura e gastronomía abren, este sábado, as festas de San Telmo, en Tui
- Diminúe a incidencia da gripe… aínda que non hai que confiarse
- Cancelada una fiesta rave en Mos, tras la intervención policial
- El tren entre Vigo-Santiago-A Coruña, el más demandado de la red ferroviaria española
- El crimen organizado dispara los hurtos en Semana Santa
Onde doar?
En Vigo, podes facelo no Hospital Nicolás Peña (Camelias,109), Pavillón 4, planta baixa, en horario de luns a venres de 08:00 a 22:00h e sábados de 08:00 a 15:00h. Teléfono 986 219174. Aparcamento gratuíto no parking de Pintor Colmeiro.
Ademaís a Unidade móbil estará estes días aquí:
- martes 4 de febreiro: no Calvario
- mércores, día 5: IES María Soliño de Cangas, Teis e Príncipe
- xoves, día 6: IES A Guía
- sábado, día 8, en Cangas