O Grupo municipal do PP de Redondela vén de advertir de que a ruptura do BNG e o cese do seu apoio ao goberno de Digna Rivas vai producir un aumento do seu “forte desgoberno e da súa probada
ineficacia” que provocará moitas complicacións e prexuízos para os veciños nos dous anos e medio que restan de mandato ata 2027.
“Debilidade extrema”
Os populares consideran que a falta de respaldo por parte do Bloque ao bipartito PSOE-AER coloca ao Concello “nunha situación de debilidade extrema”, porque lembra que xa era moi complicado que saísen adiante proxectos estratéxicos e unha atención axeitada aos redondeláns coa unidade das forzas de esquerda, “polo que agora a situación vai empeorar irremediablemente”.
Deste xeito, Digna Rias so conta co apoio de 8 dos 21 concelleiras e concelleiros da Corporación: os 7 representantes do PSOE e do único edil de AER –organización que no mes de agosto pasado informara aos medios que para a alcaldesa non é unha prioridade cumprir os acordos de Goberno-.
Cuestión de confianza
Por elo, o PP redondelán considera que a alcaldesa debería someterse, “por decencia e ética democrática”, a unha cuestión de confianza, xa que perdeu o apoio da corporación e da representatividade dos veciños. “Agás que se queira aferrar ao cargo aínda que non lle importe facer nada de proveito para o pobo, que é o que nos tememos, tiña que ser valente e poñer as cartas sobre a mesa no pleno”.
Así, os populares- gañadores das catro últimas Eleccións Municipais e que teñen o grupo máis numeroso da Corporación, con 10 concelleiros e concelleiras- lembrar que “estas cousas son as que pasan, tristemente para a xente, cando chega ao goberno quen perdeu as eleccións e pasa toda o mandato cunha posición de absoluta febleza”.
Tamén en vigoalminuto
- Ciberseguridad en Semana Santa: ojo con los fraudes en reservas y redes Wi-Fi públicas
- Transportes licita un estudio complementario para lograr la Declaración de Impacto Ambiental de la variante del AVE por Cerdedo
- La nueva empresa de transporte urbano de Vigo costará un 90% más que Vitrasa
- ‘G Face’ e ‘Heredeiros da Crus’ abren esta fin de semana as Festas de San Telmo, en Tui
- Máis de 30 taekwondistas representarán a Galicia no Campionato de Europa, en Tallín
- Desarticulado en Vigo un entramado empresarial dedicado a la estafa y blanqueo de capitales
Non houbo xiro á dereita do Bloque…
Dende o Partido Popular replican a Digna Rivas que o Bloque “non fixo un xiro á dereita, que esa é unha frase feita que non ten nin pés nin cabeza, o que fixo foi un xiro cara o sentido común vendo a desfeita destes 18 meses e que lle dá continuidade á nada máis absoluta do mandato anterior”.
….que é “cómplice” desta situación
En todo caso, para o PP redondelán a intención dos nacionalistas “non pasa por cambiar as cousas en Redondela para o ben dos veciños, porque esta situación era algo que xa se sabía ao inicio de mandato e non lles doeron prendas en levantar as mans para investir a Digna Rivas, así que son corresponsables e
cómplices desta situación e agora, para evitar que lles salpique, fan este paripé polo seu exclusivo interese electoral”.