O voceiro do Grupo Municipal do BNG en Redondela, Xoán Carlos González, denunciou no último Pleno da Corporación que o concelleiro de Vías e Obras – da Agrupación de Electores de Redondela (AER)- asinaba facturas emitidas por unha empresa na que traballa un ex concelleiro de AER e da que, no pasado, tamén fora apoderado outro membro da Agrupación de Electores.
Así, o representante nacionalista- que hai uns días cortara toda relación co goberno da alcaldesa, Digna Rivas, empregou calificativos como chanchulleiros e consentidores ante o cal, o portavoz do grupo popular -maioritario no Concello- vén de esixirlle que “sexa valente e obrigue a cambiar de inmediato o nefasto goberno local”.
Así, Javier Bas, logo de lembrar que os votos dos representantes do Bloque foron decisivos para que PSOE e AER dirixan o Concello de Redondela, asegurou que non se pode consentir que o BNG faga estas acusacións en sede plenaria “e se quede tan ancho. Ten que ser responsable e actuar en beneficio dos veciños. Que fagan o que queiran, que poñan a quen queiran poñer ou que saquen a quen teñan que sacar, pero os seus votos non poden permitir que esta situación siga un día máis tras o dito polo seu voceiro”.
Moi grave
Bas insiste en que o nacionalista Xoán Carlos González revelou diante de toda a corporación que o concelleiro de AER e membro do goberno de , RobertoVillar, está a asinar facturas á empresa da que é comercial un ex representante municipal desta formación independente e da que o voceiro deste partido formaba parte como apoderado ata agosto de 2023, en definitiva os tres primeiros da súa candidatura.
Esta situación, entende o portavoz popular “revela ata que punto estamos chegando en Redondela, pero lanzar esta acusación sen facer nada produtivo para os veciños, sen esixir nada, malia que os seus votos son decisivos para soster a este executivo, e limitándose a verter unha crítica no pleno sendo eles mesmos os principais consentidores destes graves feitos, é algo inaudito”.
O BNG recoñece que si esta situación afectase ao PP, falaríase de corrupción
Javier Bas elevou a gravidade do asunto xa que o mesmo Xoán Carlos González asegurou textualmente na sesión plenaria que se estas prácticas as fixese o PP estarían a falar de corrupción, “polo que teñen dúas varas de medir e, se actúan en consecuencia, teñen que ir ao xulgado ou cambiar o rumbo do Concello porque se o BNG votou a favor da formación dun goberno que, segundo as súas palabras, é
corrupto, pois teñen a responsabilidade de acabar con el”.
Tamén en vigoalminuto
- Acusacións de corrupción ao goberno de Redondela
- El Puerto de Vigo inicia la remoción y trincaje en el buque ‘HC Eva Marie’, que transporta obuses
- El alcalde sitúa en el “top mundial” los recursos de los Bomberos de Vigo y O Marisquiño
- Lluvia el fin de semana
- El salario mínimo subirá el martes a 1.184€ brutos al mes
- Buscan personas en Vigo para participar en el rodaje de una serie de televisión
“Unha factura de 1.000€“
Ante esta situación, AER vén remitir unha nota de prensa no que salienta que “estamos a falar dunha factura emitida por unha empresa galega fabricante de luminarias cunha marca que o Concello xa ven comprando dende os anos nos que gobernaba o PP”.
Así mesmo, engade que “a factura que ao BNG lle parece un escándalo ten un importe de 1.000 + IVE” e trátase dun subministro duns proxectores necesarios para substituír as luminarias que se
instalaran no xardín xaponés, “obra realizada polo goberno de Javier Bas na parcela da antiga casa de Fenosa no paseo da Xunqueira”.
Ademáis, “esa factura formaba parte dun punto do Pleno no que se levou un recoñecemento extraxudicial de crédito de facturas que quedaron sen orzamento en 2024 e que se teñen que pagar en 2025. Nese punto leváronse máis de mil facturas que sumaban máis de 8000.000€ euros“.
“O BNG centra, o PP remata”
Dende a Agrupación de Electores de Redondela afirman que o BNG no Pleno “acompañou o seu discurso difamatorio” cunha imaxe a todo color e de gran tamaño dos tres membros de AER aos que sinalaba como chanchulleiros. “Hai que lembrar que o mandato iniciouse coas imaxes espalladas por toda a vila destes mesmos membros de AER nas que se lles chamaba vendidos por ter pactado co PSOE. Daquela non se puido saber quen fixera aquela acción que foi condenada por tódolos grupos políticos. Agora é o que BNG o que recolle a infame práctica do sinalamento, especialmente infame cando están a sinalar a persoas que non teñen cargos públicos, que non están no Pleno e que, polo tanto, non se poden defender desas falsas acusacións”.
O que si consegue o BNG, salientan dende AER, é darlle argumentos ao PP. “Os populares están a explotar a imprudencia de González e, entre outras cousas, están a sinalar as contradicións do BNG que fixo graves acusacións nun asunto no que acabou votando a favor“.
Abstención do Partido Popular
Por último, os representantes da Agrupación de Electrores entenden que “o PP non está a ser menos contraditorio”. A proba é, rematan, que nese punto no que se trataba o pago das facturas, “o PP tivo ocasión de comentar a intervención do BNG, puido pedir explicacións sobre a famosa factura de 1.000 euros e, nese momento, no Pleno, non dixo nada. Nese punto o PP tampouco votou en contra. O PP abstívose. Iso quere dicir que, de xeito tácito, o PP tamén aprobou o pago desa factura”.