A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) vén de solicitar a Augas de Galiza que comunique á peticionaria e ás partes interesadas a desestimación da solicitude de concesión de augas superficiais do río Ulla no encoro de Portodemouros con destino a uso industrial, e arquive o expediente.
Nese caso, Altri-Greenfiber estaría obrigada reiniciar o procedemento de concesión dende o mesmo trámite de competencia, como establece o art. 104 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico (RDPH).
Os 18 meses concluiron o 30 de setembro pasado
Así, os ecoloxistas subliñan que o artigo 116.5 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico establece un prazo máximo de 18 meses para que a administración competente, neste caso Augas de Galiza, resolva un expediente de concesión de augas. A empresa Altri (agora Greenfiber) presentou a súa solicitude (inicio do trámite de competencia) en novembro de 2022, e publicouse no BOP da Coruña o 30 de novembro dese ano.
De non mediar suspensión do procedemento, e no expediente non consta ningunha de oficio ou de parte, os 18 meses concluíron o 30 de setembro de 2024. Dado que a día de hoxe o organismo substantivo encargado de tramitar a concesión (Augas de Galiza, demarcación Centro) aínda non resolveu sobre dita solicitude, esta debería polo tanto entenderse desestimada.
Tamén en vigoalminuto
- Una persona detenida y varios médicos del SERGAS investigados, en una red de tráfico de medicamentos entre Cangas y Vigo
- ADEGA reclama da Xunta o arquivo da solicitude de augas de ALTRI por vencer o prazo legal para resolver
- Dos ciudades gallegas entre las 10 más veganas
- Continúa la lluvia y suben las temperaturas
- ¿LaLiga denuncia los cánticos de aficionados del Celta y no los insultos y saludos nazis?
- ¿Cómo te gustaría que fuesen los nuevos parques caninos de Vigo?
A realidade do procedemento e a “estratexia de confusión” da Xunta
Nesta liña, ADEGA figura como parte interesada no expediente dende o seu inicio, ao concorrer no trámite de competencia para reclamar que o volume de auga solicitado por Altri (46.000 m3/día) fora destinado a usos ambientais e públicos.
“No decurso do procedemento, solicitamos periodicamente acceso ao expediente administrativo que xestiona o Servizo Territorial de Augas para a zona hidrográfica de Galiza-Centro. Nunha consulta en setembro de 2024, co prazo de resolución próximo a vencer, puidemos comprobar que no expediente faltaban aínda por emitir informes preceptivos para poder autorizar a concesión e que no procedemento non se rexistraron suspensións. E nesta mesma semana de febreiro puidemos verificar que aínda non se tiñan incorporado ditos informes e que o expediente ficaba igual que hai case 4 meses”, subliñan os ecoloxistas.
Á vista desta circunstancia, “resulta chamativo que dende a Xunta se filtrara un documento con apariencia de oficial” no que se daba por feito a autorización de Augas á solicitude de Altri. O contido desa filtración interesada, que recolle fundamentalmente valoracións da empresa, “non se corresponde coa realidade e contribúe a sementar a confusión entre a cidadanía e a condicionar o labor do persoal técnico da Xunta. Todo o contrario da obxectividade, transparencia e servizo público que debe guiar o proceder dunha administración”.