Comarcas

Adxudicadas por 2,4 millóns de euros as obras da curva de Trasmañó na N-552

Durarán varios meses e haberá que cortar un carril

O Plan +Provincia mobiliza esta semana 1,3 millóns para investimentos e obras en 7 concellos

O subdelegado do Goberno púxose en contacto coa alcaldesa de Redondela para anunciarlle que as obras de reparación da curva de Trasmañó, na estrada  N-552, xa están adxudicadas e que teñen un importe de 2,4 millóns de euros.

Abel Losada explicou que nos próximos días vaise pintar toda a sinalización horizontal en amarelo, xunto con accións preparatorias. Porén o comezo as obras non poderá realizarse ata que as condicións meteorolóxicas o permitan.

Cortar un carril

Losada  indicou que vai ser necesario cortar un carril de circulación para a reparación e consolidación do terraplén para, a continuación, reafirmar o terreo, executar a drenaxe e renovar por completo o paquete de firmes.

Ademais, agradeceu a colaboración do Concello de Redondela e a súa alcaldesa, «que durante todos estes meses estivo en contacto permanente coa Demarcación de Estradas e coa Subdelegación para facer o seguimento desta actuación».


Tamén en vigoalminuto


Unha obra complexa

O subdelegado advertiu que a obra “ten a súa complexidade” e vaise prolongar durante varios meses,  polo que lle pediu á alcaldesa que informe destas circunstancias á veciñanza. Así mesmo, Losada indicou que respecta os «xogos demagóxicos» das forzas políticas que, coñecendo que o comezo da obra é inminente, tratan de sacar réditos políticos pedindo precisamente o comezo dunhas obras que xa están planificadas. “Iso si, deberían informarse un pouco mellor antes de falar, porque pedir que se licite o que xa está adxudicado é, paradoxicamente, ir por detrás dos acontecementos, incidiu.

Finalmente, o subdelegado do Goberno subliñou os investimentos que se están a realizar en Redondela, coa recente pavimentación da rotonda de Cabanas, na saída da AP-9, e a mellora dos viais perimetrais á autoestrada neste Concello.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.