A Asociación Veciñal de Teis, organiza un acto cultural para conmemorar o 188 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro -23/02/1837-, este sábado 22 de febreiro ás 12:00 horas, diante do edificio do antigo centro de saúde – rúa Enrique Lorenzo-. Para a ocasión actuará o grupo de gaitas da Asociación e haberá unha lectura pública de textos de poemas de Rosalía.
Con esta ceremonia, “queremos difundir a obra da nosa poeta nacional, referente da nosa literatura, comprometida ao longo da súa vida co seu pobo, a través da súa obra literaria. Ademais, queremos amosar a importancia de promover o seu uso e a defensa da nosa lingua“.
Tamén en vigoalminuto
- ¿Debe asumir el Concello la gestión directa del bus urbano?
- El Puerto de Vigo bate marcas en tráfico de contenedores, vehículos y cruceros
- O 97% das solicitudes para 4º de Infantil obtiveron praza no colexio elixido
- Mira como puedes viajar gratis a Cíes o San Simón, el Día de la Madre
- El Cunqueiro incorpora nuevos sistemas de aviso en las habitaciones, para pacientes con movilidad reducida
- ‘Ari y los Magritte’, este jueves en La Fábrica de Chocolate
Case 11 anos, agardando pola biblioteca
A decisión de celebrar este acto cultural diante do edificio do antigo centro de saúde, ten como obxectivo lembrar a necesidade dunha biblioteca para Teis e que se anunciou hai case 11 anos. Os responsábeis da Asociación subliñan que “a nosa cidade conta cun escaso número de bibliotecas, a última foi a biblioteca ” Xosé Neira Vilas “, no Calvario, inaugurada en 2011, e desde aquela non se construíu ningunha biblioteca máis en Vigo“.
Os veciños defenden que a biblioteca de Teis, sexa unha dotación cultural do século XXI, que conte con libros, e non se limite a unha simple sala de lectura, “como se pretende desde o Goberno municipal”.
“Despois de tantos anos queremos avanzos reais na construción da biblioteca ,pois até o de agora houbo moitos anuncios máis de 20, infografías, pero ningún avanzo real”.
Nin se derrobou o edificio actual
A día hoxe, aínda non se derrubou o edificio, paso previo necesario para a construción da nova biblioteca, no orzamento municipal de 2025 figuran 900.000€ e “aínda non se gastou nin un só euro, nesta dotación cultural”.
“Desde a Asociación Veciñal de Teis, esiximos a Abel Caballero coñecer o proxecto definitivo que garanta unha biblioteca para Teis, unha data para o derrubo do actual edificio e para o comezo das obras”.