“Rayos de sol”, “Noche de estrellas”, “Mi Reina” e unha versión da popular canción “El tiburón” serán algúns dos temas que soarán o vindeiro sábado no Porriño intepretados polo cantante, compositor e produtor dominicano, Henry Méndez.
O artista actuará o primeiro dos días do Entroido formando parte dun programa que presentou o Goberno local e que abrangue cinco xornadas cheas de moita música, desfiles, obradoiros e animación que encherán de moita diversión as rúas da vila.

Do sábado 1 ao mércores 5 de marzo
Acompañados dun grupo de escolares, os grandes protagonistas do Entroido 2025 no Porriño por seren os encargados de ler o pregón, o alcalde Alejandro Lorenzo e o concelleiro de Cultura Bienvenido Estévez deron a coñecer con detalle toda a programación que se desenvolverá do sábado 1 ao mércores 5 de marzo. “Celebraranse concertos, espectáculos e actividades pensadas para todos os públicos, onde non faltarán os xa tradicionais desfiles, dos que participarán 27 comparsas cunha comitiva integrada por máis de 2.200 persoas”, sinala o rexedor remarcando que “sen dúbida o deste ano será o máis multitudinario da historia do noso Concello e de toda a comarca, polo que animamos a toda a veciñanza e a xente de fóra a que se achegue ao Porriño e desfrute e participe destas xornadas festivas”.
Tamén en vigoalminuto
- Chemtrails aterra este mércores 30 na Sala Radar da man do Sinsal Primavera
- Estupor de los Colegios Médicos ante el anuncio de Rueda de realización de cirugías menores en Centros de Salud
- Prisión por maltratar a su perra hasta la muerte
- Tenemos dos días de playa, hasta que el miércoles vuelva a llover
- ¿Debe asumir el Concello la gestión directa del bus urbano?
- El Puerto de Vigo bate marcas en tráfico de contenedores, vehículos y cruceros
Programa
Sábado 1 de marzo
- charangas Vai de Baile e Noroeste, xunto cos xigantes e cabezudos animarán ás 12:00h.
- ás 13:00h. lectura do pregón, a cargo de Carla Marques Vaquero, alumna de 4º da ESO do Colexio Santo Tomás, gañadora do concurso de carteis de entroido convocado polo Concello, que estará acompañada polo resto de escolares clasificados nas diferentes categorías, rapaces de entre 6 e 17 anos.
- pola tarde haberá un obradoiro infantil e volverá un histórico, o Xogo da Ola, que celebra neste 2025 a súa 81 edición.
- 18:30h. música de charanga amenizará a festa ata o inicio do primeiro dos desfiles, con saída dende o pavillón e remate na praza Central. A Batucada Bate no Cobre e as charangas SDK e Vai de Baile acompañarán á comitiva
- pola noite e para rematar a xornada, na Praza Arquitecto Antonio Palacios, concertos de Gin Toni’s, Henry Méndez e Samu Pexe
Domingo 2
- A tarde da xornada dominical está pensada para a cativada, de 17.00 a 20.00 horas, na Praza Arquitecto Antonio Palacios, festa infantil con inchables e obradoiros de temática do Entroido.
- a partir das 19.00 horas, actuación da orquestra París de Noia
Luns 3
Para o luns, ao igual que para o martes e mércores, xornadas non lectivas nos centros escolares, o Concello do Porriño organizou un campamento en horario de mañá coa finalidade de axudar ás familias a conciliar
ademais, o luns ás 17.00 horas, na praza Arquitecto Antonio Palacios, haberá de novo un obradoiro infantil
Martes de Entroido
o martes de entroido –de 12.00 a 14.00 horas– comeza coa animación de rúa a cargo das charangas Imperiais e Fanfarria Furruxa
pola tarde, a partir das 18.30 horas, novo desfile de comparsas, nesta ocasión amenizado pola Batucada Lenha Verde e as charangas Imperiais e Cantos Somos.
Mércores de cinsa
- Como é de costume, no Porriño despedirase o entroido co Enterro da Sardiña o mércores de cinsa. O velorio dará comezo ás 17.00 horas no Círculo Recreativo Cultural, dende onde, unha hora máis tarde, partirá a comitiva fúnebre, acompañada polas charangas Fanfarria Farruxa e Noroeste
- chegada esta á Praza Arquitecto Antonio Palacios, sobre as 19.00 horas, procederase á lectura do testamento, tralo cal terá lugar o pasarrúas “Les Tambours de Feu”, da compañía Deabru Beltzak
- finalmente continuará coa sardiña ata a ponte do Valo sobre río Louro, percorrido amenizado polas Prañideiras e as charangas Imperiais e Anchoa
Toda a información actualizada pode consultarse na páxina web www.ecultura.net.