No Concello de Salceda de Caselas arranca este venres a festa máis tradicional: o seu Entroido centenario. Fai máis de 135 anos que os barrios do Castro Barreiro e da Feira se enfrontan na súa particular batalla por ter o mellor entroido.




Do venres 28 de febreiro ao martes 4 de marzo
O concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez e a alcaldesa, Loli Castiñeira, presentaron a semana pasado os diferentes actos que abranguen os “tres Entroidos en un”, en referencia aos tres grandes desfiles que se organizan en Salceda:
- o desfile escolar con máis de 1.500 persoas de 0 a 18 anos o venres, 28 dende as 11:00h.
- máis de 1.200 no XXVI desfile de carrozas e comparsas o domingo, para o cal aínda está aberto o prazo de inscrición dominfo, 2 de marzo ás 17:00h.
- e cerca de 400 persoas no centenario do enfrontamento entre Castro Barreiro e A Feira, o luns 3 e martes 4.