Comarcas

Saen a licitación os derradeiros catro postos vacantes do Mercado de San Antonio, en Tui

Destinados a carnicería, comida parta levar, Froita e alimentación

Saen a licitación os derradeiros catro postos vacantes do Mercado de San Antonio, en Tui

O Concello de Tui vén de sacar a licitación os derradeiros catro postos vacantes do Mercado de San Antonio. Dende hoxe e até o 13 de marzo as persoas interesadas poden presentar a súa solicitude por Rexistro de entrada na casa do Concello ou a través da Sede Electrónica.

Esta é unha oportunidade única para persoas emprendedoras e comerciantes que desexen formar parte deste mercado revitalizado, caracterizado pola súa ampla variedade de produtos e servizos diferenciadores.

Postos

Os postos dispoñibles son:

  • o 3 destinado a carnicería cunha superficie de 34 m2
  • o 5 para comida para levar de 17 m2
  • 12 para Froita e Verdura de 17 m2
  • e o 13 para Alimentación como bacallau e produtos conxelados entre outros de 17 m2

Con esta licitación o obxectivo é completar e enriquecer a oferta actual e satisfacer as demandas dos consumidores.  O canon base de licitación é de 250€/m2. Así o canón mínimo do posto a 15 anos é: 8.500€ para o posto 3 e de 4.250 € para os postos 5, 12 e 13.


Otras noticias


Mercado de San Antonio

Compre lembrar que o Mercado, situado na rúa Maristas, foi obxecto dunha reforma integral, así como todo o seu entorno cun investimento superior aos 2 millóns de euros. Esta modernización transformou a praza de abastos nun espazo máis confortable e eficiente enerxeticamente, reforzando o seu papel como centro neurálxico do comercio local.

A Concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez, destaca que coa licitación destes 4 postos completarase a oferta do Mercado de San Antonio que se ten convertido en referente, ofrecendo produtos de calidade, de cercanía, e co trato profesional e cercano dos praceiros e praceiras.

Te podría interesar