Os pacientes ingresados nos hospitais da Área Sanitaria de Vigo recibirán o vindeiro martes, 4 de marzo, un menú especial con motivo da celebración do Entroido. O servizo de Restauración servirá un menú diferente composto de cocido de Entroido e, como sobremesa, torta caseira de filloas e crema.
Ademais, para facer máis festiva a xornada, os pacientes adultos recibirán un marcador de páxinas conmemorativo, mentres que os nenos ingresados serán obsequiados cunha divertida máscara de entroido.
“Esta iniciativa, coordinada desde a Subdirección de Humanización e Atención á Cidadanía da Área Sanitaria de Vigo, forma parte do compromiso coa humanización da asistencia hospitalaria, co obxectivo de achegar as tradicións aos pacientes e facer máis amena a súa estancia no hospital”.
Con esta actividade, “a Área Sanitaria de Vigo reforza a súa aposta polo benestar emocional dos pacientes, promovendo o arraigamento aos costumes locais e a celebración de datas sinaladas cun toque de proximidade e agarimo”, apuntan desde o SERGAS.
Otras noticias
- Muere la alcaldesa de Lugo, tras sufrir un infarto
- Cocido e filloas, menú especial de Entroido para os pacientes ingresados nos hospitais de Vigo
- La mitad de los cetáceos analizados en Galicia tienen niveles de compuestos quimicos perjudiciales para su salud
- Sol y bajada de termómetros, para empezar el Entroido
- Comezan as actividades do Entroido de Salceda
- Saen a licitación os derradeiros catro postos vacantes do Mercado de San Antonio, en Tui
Preto de 900 menús
O servizo de restauración estima servir 436 dietas basais, destinadas a pacientes sen restricións alimentarias que poderán degustar o menú preparado especialmente para esta data. O resto de pacientes recibirán un menú adaptado a súas doenzas, aínda que sempre que sexa posible estará composto tamén por pratos especiais do menú basal adaptados á dieta prescrita.
Habitualmente, sérvense unha media de 935 menús diarios nos hospitais da área sanitaria, que se elaboran nas instalacións da cociña do Hospital Álvaro Cunqueiro. O servizo conta con 174 persoas entre as diferentes categorías profesionais distribuídas nos tres hospitais.