Galicia

Adxudicada, por máis de 7,8 millóns, a construción de 38 novas vivendas de promoción en Navia

De 2 e 3 dormitorios

Adxudicada, por máis de 7,8 millóns, a construción de 38 novas vivendas de promoción en Navia

A Xunta adxudicou por 7.814.439€ as obras de construción de 38 novas vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, en Vigo.

Esta contrato, adxudicado á empresa Citanias Obras Servicios S.L.U, cun prazo de execución de 18 meses, vén de ser formalizado pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Baixo este contrato, trátase de construír un edificio de nova planta para destinalas a 38 vivendas protexidas, con prazas de garaxes e rochos.

Preto de 1.300 m2

Esta nova promoción pública na cidade localizase na parcela M-IVA-10 dentro de San Paio de Navia, en Vigo. Esta parcela ten unha superficie aproximada de 1.297 m2 , é de forma rectangular con lixeira curvatura no tramo sur.

O inmoble organízase con 2 portais conectados a nivel de planta baixa, e ten 4 plantas altas, e 3 tres plantas de soto. Nas plantas de soto sitúanse os garaxes, as instalacións e algúns dos rochos e na planta baixa están os 2 portais de acceso ás vivendas, así como o resto dos rochos, os locais comunitarios, as instalacións necesarias e a reserva de espazo para os residuos.

As plantas superiores destínanse á vivenda: na 1ª, 2ª e 3ª hai 10 vivendas por planta e no ático hai 8 vivendas mais.

De 2 e 3 dormitorios

Xa no detalle, das 38 vivendas, 20 serán de 3 dormitorios e 18 de 2 dormitorios. A superficie das vivendas oscila entre 72 e 79 m2 das vivendas de 2 dormitorios; e os 90 m2 no caso das de 3 dormitorios. Haberá tamén dúas vivendas adaptadas a persoas con mobilidade reducida, que estarán no ático e disporán de 3 dormitorios e unha superficie útil de 101 m2 .

O Goberno galego financia as obras maioritariamente con fondos propios, correspondendo o resto aos fondos da Unión Europea (Plan de recuperación, transformación e resiliencia). O importe total do investimento, contando o custe do solo, os traballos técnicos e a obra de construción supera os 9,5 millóns, dos que a Xunta financia con fondos propios máis do 80,4 %, correspondendo o resto a fondos europeos.


Tamén en vigoalminuto


755 vivendas de promoción pública

A Xunta mantén o seu compromiso para reforzar o parque residencial da cidade de Vigo, onde se ten en marcha actualmente 755 vivendas de promoción pública en diversas fases de execución nos polígonos 1 e 2 de San Paio de Navia, ademais de estar executando as obras de urbanización do polígono 1 e ter próxima a adxudicación das obras de urbanización do polígono 2.

Te podría interesar