A comunidade deportiva de Salceda de Caselas segue medrando a un ritmo imparable, impulsada polo esforzo constante dos clubs locais, coa axuda do Concello. Porén, esta expansión choca cunha realidade preocupante: a insuficiencia de espazos deportivos dispoñibles para dar cabida a todos os seus usuarios.
Un pabillón municipal para 600 deportistas
Actualmente, máis de 600 deportistas deben compartir un único pavillón de titularidade municipal, dispoñible a tempo completo, e outros dous propiedade da Comunidade de Montes de Entenza e do IES Pedras Rubias da Xunta de Galicia, dos que se pode facer uso parcial para adestramentos.
Isto que provoca graves problemas de xestión horaria e os equipos vénse obrigados a adestrar simultaneamente na mesma pista, con ata catro conxuntos compartindo espazo, ademais de atopar dificultades para organizar os encontros de cada xornada.
Recollida de sinaturas
Ante esta situación, os clubs deportivos de Salceda, decidiron tomar medidas e iniciar unha campaña de recollida de sinaturas. O obxectivo é presentar esta demanda ante a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, xunto cunha solicitude de reunión para expor a magnitude do problema e buscar financiación para unha solución efectiva.
Tamén en vigoalminuto
- Este luns, abre o prazo para inscribirse na ‘Residencia Literaria’ da Illa de San Simón
- José Ramón Gómez Besteiro, reelixido líder dos socialistas de Galicia
- Toni Acosta, en Vigo con ‘Una madre de película’, comedia sobre el síndrome del nido vacío
- Os clubs deportivos de Salceda inician unha campaña para demandar un novo pabillón
- Seis novos obradoiros de capacitación tecnolóxica da Rede SmartPeme+
- La nueva planta de tratamiento de agua de Vigo, entre las cuatro mejores del mundo
Plan Extraordinario 2025 da Deputación
Na reunión celebrada o 26 de febreiro, o Concello de Salceda de Caselas comprometeuse a solicitar o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas 2025 da Deputación de Pontevedra, dotado con 875.000€ co obxectivo de destinar estes fondos ao proxecto do novo pavillón, esencial para atender a crecente demanda deportiva da vila.
Campaña en Change.org
Os diferentes Clubs que subscriben esta nota van da man do Concello na solicitude de colaboración as diferentes administracións. Un novo pabillón ten un custe moi elevado -proxecto valorado en 1.900.000€- e o Concello non o pode asumir por si só.
De aí que “dende os clubs deportivos apelamos á colaboración da cidadanía para apoiar esta iniciativa. Animamos a todas as persoas a asinar a campaña en Change.org porunnovopavillonparasalceda a través da ligazón dispoñible e a compartila nas súas redes sociais, familiares e amizades”.