A Deputación de Pontevedra organiza a próxima semana seis novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. As accións, en formato tanto presencial como telemático, celebraranse entre este luns 10 e o xoves 13 de marzo e afondarán en cuestións de grande interese para o tecido empresarial da provincia como son a ciberseguridade, WordPress, Instagram para principiantes, escritura persuasiva publicitaria para empresas turísticas, o almacenamento na nube e a cultura sostible e responsabilidade social. Todas as accións requiren inscrición previa.
Luns, 10
Ás 11:00 horas celebrarase un obradoiro telemático sobre ciberseguridade, antivirus e actualización de software (inscricións neste formulario). Será a primeira lección dun formato breve, de arredor de 30 minutos, que facilitará unha aprendizaxe fácil e progresiva. Nesta primeira clase falarase sobre contramedidas, a necesidade de actualizar o software para corrixir vulnerabilidades e a utilización e
elección de antivirus. Estará impartido polo asesor do Centro Provincial de Economía Dixital de Barro,
Manuel Tornos.
Martes, 11
Ás 12:00 horas, tamén telemático, terá lugar a primeira lección sobre creación de páxinas profesionais con WordPress (inscricións AQUÍ). Na xornada abordaranse as posibilidades que ofrece WordPress, os pasos para crear un sitio web, e mais o seu deseño, desenvolvemento e xestión. O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas con posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas.
Mércores 12
Terán lugar dous obradoiros. O primeiro deles, telemático ás 09:30 horas, versará sobre copywriting (escritura persuasiva publicitaria) para empresas turísticas (inscricións neste formulario). Será introdutorio nas técnicas de escritura a aplicar para crear textos que vendan mellor os servizos neste sector, a través de palabras que conecten cos viaxeiros co fin de convertelos en clientes do destino, aloxamento ou actividade turística. Está impartido por Patricia Cabaleiro, posgraduada en Turismo.
Tamén o mércores, de carácter presencial ás 17:00 horas na oficina de Ponteareas, ofrecerase un obradoiro sobre almacenamento na nube (inscricións AQUÍ). A acción orientará as empresas e autónomos cara a unha mellora dos seus sistemas de almacenaxe actuais a través dos novos servizos ofrecidos na internet, tendo en conta que o uso desta ferramenta permítelle á empresa reducir os seus custos e garantir un mellor tempo de actividade dos servizos mencionados. O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Posgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa.
Tamén en vigoalminuto
- Este luns, abre o prazo para inscribirse na ‘Residencia Literaria’ da Illa de San Simón
- José Ramón Gómez Besteiro, reelixido líder dos socialistas de Galicia
- Toni Acosta, en Vigo con ‘Una madre de película’, comedia sobre el síndrome del nido vacío
- Os clubs deportivos de Salceda inician unha campaña para demandar un novo pabillón
- Seis novos obradoiros de capacitación tecnolóxica da Rede SmartPeme+
- La nueva planta de tratamiento de agua de Vigo, entre las cuatro mejores del mundo
Xoves, 13
Terán lugar outros dous obradoiros, o primeiro deles sobre Instagram para principiantes, de xeito
telemático ás 12:00 horas (inscricións neste formulario). Esta acción abordará cada unha das opcións que ofrece a nivel visual, de contidos e tendencias. Na primeira sesión os contidos serán os tipos de conta, a optimización do perfil ou contidos básicos, entre outros. Será impartido por Lara Taboada, Licenciada Superior en Educación Artística en Deseño Gráfico.
Por último,ás 17:00 horas celebrarase na oficina SmartPeme+ de Vigo unha acción sobre impulso da cultura sostible e a responsabilidade social (inscricións AQUÍ), enfocada especialmente a pemes pola súa proximidade coa contorna e a clientela. O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en Comunicación e formadora acreditada.
Rede SmartPeme+
A Deputación destina este ano 1,45 millóns de euros á Rede SmartPeme+ e Acelera Pyme Rural para asesorar persoas emprendedoras desde as oficinas de Barro, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O
Porriño e Vigo. Desde esta rede lévanse a cabo actividades formativas relacionadas co crecemento
empresarial e a transformación dixital, asesorando a ata 2.500 emprendedores, autónomos e pemes ao ano e impartindo arredor de 200 talleres formativos e actividades complementarias.