Ecoloxistas en Acción presentou alegacións para que a Dirección Xeral da Costa e o Mar rexeite a solicitude da parella do ex presidente da Xunta e actual presidente do PP en España, Alberto Núñez Feijóo, para seguir ocupando o seu chalé na costa de Tirán -Concello de Moaña- unha franxa de 210 metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre, que lles permite gozar dun acceso privado á praia de O Con.
Os ecoloxistas entenden que a solicitude non só está fóra do prazo establecido pola normativa, senón que esta concesión, en aplicación da Disposición Transitoria Primeira da Lei de Costas, no caso de outorgarse no seu momento, estaría actualmente extinta.
Tamén en vigoalminuto
- Ciberseguridad en Semana Santa: ojo con los fraudes en reservas y redes Wi-Fi públicas
- Transportes licita un estudio complementario para lograr la Declaración de Impacto Ambiental de la variante del AVE por Cerdedo
- La nueva empresa de transporte urbano de Vigo costará un 90% más que Vitrasa
- ‘G Face’ e ‘Heredeiros da Crus’ abren esta fin de semana as Festas de San Telmo, en Tui
- Máis de 30 taekwondistas representarán a Galicia no Campionato de Europa, en Tallín
- Desarticulado en Vigo un entramado empresarial dedicado a la estafa y blanqueo de capitales
Muro en terreos ocupados ilegalmente
A organización ecoloxista tamén denuncia que o muro de peche, levantado nos terreos ilegalmente ocupados, imposibilita á veciñanza o acceso a esta zona da costa de Tirán e o goce da praia de O Con, “de difícil acceso por terra en pleamar, senón é pola zona ocupada polo chalé propiedade de Feijoó e a súa muller”. Ademais a franxa ocupada afecta ao miradoiro e paseo denominado O Fiunchal, afección que tamén denunciou o concello de Moaña.
“Solicitamos á Dirección Xeral da Costa e o Mar e ao seu servizo provincial que desestime a solicitude e ordene a demolición do construído en terreo público, e a reposición da legalidade urbanística”, declarou Xaquín Pastoriza, coordinador do grupo Rías Baixas de Ecoloxistas en Acción.