Anastacia actuará por primeira vez en Galicia, este domingo, día 16, ás 19:00 horas– no Auditorio Mar de Vigo, dentro da programación do Gozo Festival, unha das citas musicais dos ‘Concertos do Xacobeo’, a marca coa que a Xunta pretende unificar a súa programación de música, espectáculos e ocio.
Se tiñas pensado ir, telo complicado: todas as entradas esgotadas…aínda que todavía é posible que se liberen algunhas butacas por axustes de producción.
Tamén en vigoalminuto
- Joseph Keckler, actúa por primeira vez en Vigo, este martes 15, da man do Sinsal Primavera
- Muere el Premio Nobel Mario Vargas Llosa
- En lo que va de año, la Policía Nacional ha desarticulado 28 puntos negros de venta de sustancias estupefacientes
- Cinco personas heridas tras chocar dos coches en la N-550, a su paso por Mos
- Despedida de la última promoción de estudiantes de Medicina, en el Hospital Álvaro Cunqueiro
- ¿Buscas traballo? o Concello do Porriño inicia o proceso para incorporar a 14 persoas
Anastacia
A icona do pop Anastacia (Chicago, 1968) chega á cidade coa súa esperada nova xira #NTK25, logo de actuar en Barcelona e Madrid. Na xira conmemora o 25 aniversario do seu álbum debut «Not That Kind», que a catapultou á fama internacional no ano 2000 con éxitos como «I’m Outta Love».
Con máis de 30 millóns de discos vendidos en todo o mundo, ao longo da súa traxectoria obtivo grandes éxitos con sete álbums de estudo e colaboracións con artistas de renome mundial como Luciano Pavarotti, Elton John, Michael Jackson e Eros Ramazzotti.