Deportes

Nova vida para o campo do Choco

A Deputación destina 257.000€ á mellora das instalacións do estadio

Nova vida para o campo do Choco

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres destinar 257.000€ ao acondicionamento do campo de fútbol de Santa Mariña, en Redondela, estadio no que xoga o Choco.

Onte, a vicepresidenta provincial Luisa Sánchez, visitou o estadio, xunto coa alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e lembrou que se trata dunha axuda que se concede ao Concello respectando a súa autonomía, xa que se trata dunha obra seleccionada e promovida polo goberno local cos recursos provinciais. Neste caso, cos 257.000 euros da Deputación o Concello de Redondela vai mellorar o estado destas instalacións, tanto no interior -acondicionamento de pinturas, pavimentos, aparellos sanitarios, fontanería, portas, luminarias e impermeabilización da cuberta- como no exterior -renovación da carpintería, pintado de teitos, renovación das beirarrúas-. Tamén se trasladará o valado protector e se dotará de iluminación LED máis eficiente.

Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas

A vicepresidenta engadiu que este investimento farase a través do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado de 8 millóns de euros , “o dobre que na súa primeira edición”, cos que a institución provincial está a destinar recursos para que os concellos transformen e modernicen os seus equipamentos deportivos. De feito, ao abeiro deste plan, Redondela recibirá este ano un 55% máis de recursos que na anterior edición, cando se beneficiou de 167.000 € para substituír o céspede artificial do campo de fútbol de Chapela.


Ademais en vigoalminuto


Novas axudas a clubs

No mesmo lugar, Luisa Sánchez anunciou que durante este mes se porán en marcha as novas convocatorias das liñas de axudas aos clubs que participan tanto en competicións de ámbito estatal como en ámbitos inferiores, e lembrou as iniciativas que xa están en marcha.

Entre elas subliñou a liña de crédito para que as entidades da provincia poidan financiar materiais ou servizos para campionatos ou eventos deportivos – dotada de 120.000€ e aberta ata o 1 de decembro-; as axudas a clubs e federacións para posibilitar a organización de competicións e eventos deportivos, dotadas de 550.000 euros (50.000 máis que en 2024), que poden solicitarse ata o próximo 4 de abril.

A vicepresidenta tamén lembrou que ata o 26 de marzo segue en marcha o período de solicitude da liña para as axudas destinadas a organizar eventos deportivos de interese turístico para fomentar a actividade turística na provincia, cun crédito de 100.000 euros.

Te podría interesar