O Concello de Ponteareas rehabilitará tres vivendas para uso social, así o adiantou a alcaldesa Nava Castro na visita ás coñecidas como “vivendas dos mestres” acompañada do delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera.
Co apoio da Consellería de Política Social e Xuventude que vén de outorgar ao Concello 216.000€, procederase ao acondicionamento interior dos inmobles nº 3, 7 e 9. Ademais da rehabilitación tamén se equiparán con mobiliario e todo o preciso para o seu uso, sendo o importe recibido por cada unha de 72.000€.
Tamén en vigoalminuto
- Zona Franca estudia un nuevo lugar para el World Car Center, ante la imposibilidad de construirlo en Portanet
- Música, cultura e gastronomía abren, este sábado, as festas de San Telmo, en Tui
- A choiva non pode co tirón da Feira do Requeixo e Mel das Neves
- Diminúe a incidencia da gripe… aínda que non hai que confiarse
- Cancelada una fiesta rave en Mos, tras la intervención policial
- El tren entre Vigo-Santiago-A Coruña, el más demandado de la red ferroviaria española
Esta nova intervención sumará dúas vivendas socias e tamén o primeiro “Calor Café” do Concello, segundo adiantou a concelleira de Benestar Social, Raquel Plana. “Un albergue para persoas sen fogar que están en tránsito e precisan un lugar onde ducharse e tamén tomar algo quente”.
“Agradecemos este importante apoio que fai posible un equipamento inexistente e moi necesario como é o albergue e as vivendas sociais. Dende o primeiro momento tiñamos claro que primeiro hai que atender ás persoas que teñen menos recursos e tomar decisións e facer realidade compromisos e palabras. E así o facemos, coa ampliación do servizo de atención no fogar, co servizo Xantar na Casa pero tamén cos obradoiros de emprego, programas de emprego xuvenil e co plan integrado de emprego“.