Populares de Pontevedra, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica, solicitarán ao Goberno de España que proceda á execución urxente da dragaxe do río Miño para corrixir a forte degradación do seu cauce e o claro empeoramento das súas condicións nos últimos anos e que se acometa dun xeito respectuoso para a preservación dos seus destacados valores medioambientais.
Ademais desta medida contra a sedimentación dos materiais, especialmente nas zonas máis próximas á súa desembocadura, os populares tamén solicitan a adopción doutra medida de coidado para favorecer a súa recuperación: a erradicación das especies invasoras que avanzan polas súas augas.

Ao pleno da Deputación
O deputado provincial e alcalde da Guarda, Roberto Carrero, informou desta proposta, que se debatirá mañá no pleno da Deputación de Pontevedra, ao pé do río xunto aos voceiros populares do Baixo Miño, Nico Montes (Tui), Mónica Otero (Tomiño) e Carlos Rodríguez (O Rosal), a presidenta do PP de Tomiño, Lara Meneses, e outros concelleiros destes catro municipios ribeireños.
Roberto Carrero explicou , tras preto de quince anos sen actuacións no leito do río, a súa situación deteriorouse moito, un aspecto confirmado polos concellos afectados, as asociación de pescadores e incluso a Comandancia Naval do Miño, polo que considera que é necesario e urxente recuperar e poñer en valor o río máis importante da provincia “cunha actuación conxunta entre os Gobernos de España e Portugal dado que son augas internacionais compartidas por ambos países”.
Para o deputado provincial, a sedimentación de materiais está suprimindo gran parte da canle e está a empeorar gravemento as súas condicións e a elo engádese o avance de especies invasoras, con especial fincapé na labaza. Todo elo está a causar graves problemas para a zona, como a supresión desde 2021 do ferri entre Camiña e A Guarda por falta de calado ou os problemas de seguridade que impedirían, ante este estado do río, desenvolver unha eventual situación de rescate nas súas augas.
Outras novas
- Si buscas trabajo, estas son algunas ofertas de empleo para Vigo
- Adecuar Balaídos para el Mundial 2030 costaría 41 millones y habría que rehacer Tribuna
- Investigaciones Científicas indaga en las amenazas para el cultivo del mejillón
- Continúa a programación de ‘Cereixa en Flor’, en Beade
- Este 1 de abril entran en vigor los cambios en la jubilación activa, parcial y demorada
- Empezamos la semana en Vigo con 26 grados
O subdelegado do Goberno “agóchase en excusas”
“É fundamental que se tomen medidas entre os dous países, aínda que nós loxicamente nos diriximos ao Goberno de España por ser a onde pertencemos, xa que a situación actual do río Miño está a causar importantes prexuízos socioeconómicos, pesqueiros, turísticos e de seguridade na nosa bisbarra”, apostillou Carrero, que lamentou a actitude do subdelegado do Goberno, Abel Losada, nas súas visitas á zona para referirse a este problema, “xa que admite que é necesaria a dragaxe, pero estas palabras, como sempre que falamos do PSOE e da provincia de Pontevedra, nunca veñen acompañadas de feitos”.
Neste senso, o tamén alcalde da Guarda criticou que o representante estatal “se agoche en excusas, xustificacións, adiamentos, realizacións de estudos a través do CEDEX ou comunicación ao servizo provincial de Costas e non faga o que ten que facer e que demandan unanimemente os concellos do Baixo Miño, que é encargar o proxecto con urxencia e posteriormente licitar as obras porque, de non facelo, este importante río vai acabar morrendo”.