Destacados Vigo al minuto

Luz verde para construir en Navia un edificio de 80 aloxamentos compartidos e temporais

Para menores de 36 anos

Luz verde para construir en Navia un edificio de 80 aloxamentos compartidos e temporais

O Consello da Xunta autorizou hoxe a licitación, por un orzamento que rolda os 445.000€ da redacción do proxecto e da dirección de obra para a construción en Vigo dun edificio de aloxamentos compartidos e temporais en alugueiro accesible, destinado á mozos e mozas menores de 36 anos. Este inmoble de promoción pública situarase na parcela M-V-6 de San Paio de Navia.

Estímase en 80 o número de vivendas por construír, destinando o resto da superficie construída sobre rasante a espazos de servizo e de uso compartido. A superficie estimada construída sobre rasante será de 6.400 metros cadrados, dos que uns 4.500 m2 se destinarán a aloxamentos e 1.900 aos citados espazos comúns.

Permanencia de ata 3 anos

Trátase de aloxamentos temporais, cun prazo de permanencia de ata tres anos, cos que a Xunta busca facilitar a emancipación da xente moza que accede ao seu primeiro traballo ou está a percibir bolsas de formación ou de investigación.

O obxectivo é que poidan dispoñer duna alternativa residencial adaptada as súas necesidades e forma de vida e que favoreza que, unha vez superada esa primeira fase de incorporación ao mercado laboral, o acceso a unha vivenda, xa sexa libre ou protexida e permitan a sustitución na ocupación do aloxamento que deixan.

Na edificación, ademais dos aloxamentos propiamente ditos, incluiranse espazos para servizos e usos comúns dos residentes, cuxa superficie suporá un 20 % da superficie construída sobre rasante. Así, o inmoble poderá contar cunha sala onde os residentes poderán traballar de forma individual ou colaborativa, que permitirá tamén o teletraballo; tamén cunha zona de usos múltiples para reunións, estancia ou para a realización de actividades diversas como ximnasio, celebración de eventos e zona de
lavandaría.

O programa complétase cun garaxe para aparcadoiro de automóbiles, unha zona de aparcadoiro de bicicletas e un rocho por aloxamento. A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas prevé licitar o contrato nas vindeiras semanas.


Tamén en vigoalminuto


Outras 13,9 hectáreas de solo residencial

Así mesmo, o Goberno galego aprobou a licitación, por un orzamento de 568.911€, do servizo de redacción do proxecto de interese autonómico (PIA), do plan de expropiación e de parcelamento para a obtención de 20,1 hectáreas de solo nos concellos de Vigo e Vilagarcía de Arousa, destinado maioritariamente á construción de vivendas protexidas.

Este novo contrato enmárcase na Estratexia galega de solo residencial e no que atinxe a Vigo, trátase do ámbito do SUB 403 comprendido entre as rúas Cantabria, Ramón Nieto e Santa Cristina, dun total de 13,9 hectáreas. Nesta contorna a previsión é construír 1.392 vivendas. A redacción do PIA sairá a licitación cun orzamento de 333.624€

Te podría interesar