A Deputación de Pontevedra organiza esta semana cinco novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. As accións, en formato tanto presencial como telemático (todas elas requiren inscrición previa), celebraranse entre o luns 7 e o xoves 10 de abril e afondarán en cuestións de interese para o tecido empresarial da provincia como son o comercio electrónico, a xeolocalización, o informe SES Hospedajes, os infoprodutos e o posicionamento en buscadores.
Luns, 7
Este luns 7 ás 12:00 horas celebrarase o obradoiro telemático “Woocommerce I. A solución que buscabas para vender por Internet”. A acción, coordinada polo punto SmartPeme+ de Vigo, afonda nesta sinxela ferramenta (plugin de WordPress de código aberto e gratuíto) que permite montar unha tenda online cunha catálogo non moi amplo.
O obradoiro abordará a instalación, características, pasarelas e formas de pago, así como a inclusión de produtos e xestión de pedidos. Será impartido por María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, cun posgrao en Comunicación Corporativa e un master en márketing dixital, con experiencia en márketing dixital e ecommerce. As inscricións pódense realizar no seguinte formulario.
Martes, 8
O martes 8 celebrarase tamén en formato telemático o obradoiro “Infoprodutos I. Que son e como crealos”, coordinado pola oficina de Lalín. Os participantes aprenderán que son os infoprodutos e como poden axudar a crear un negocio que se xestiona de maneira automática. As inscricións para esta acción, impartida por Fátima Faílde (licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, cun posgrao en Comunicación e Industrias Creativas e experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa), poden realizarse neste formulario.
Mércores, 9
Polo que se refier ao mércores 9 terá lugar na oficina de Cambados a partir das 17:00 horas o obradoiro “Novo parte de viaxeiros a través de SES Hospedajes”, no que os participantes van aprender e resolver todas as dúbidas relativas a este informe de viaxes, explorando a nova normativa, os seus cambios e o rexistro na plataforma. O obradoiro contará coa dirección de Patricia Cabaleiro, posgraduada en Turismo con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico, e as inscricións poden formalizarse neste formulario.
Tamén en vigoalminuto
- Toman posesión as novas concelleiras das NevesRocío Barreiro e Alba Casas, do BNG, substitúen ao ex alclade Xosé Manuel Rodríguez e a Pilar González
- The Wild Cinema busca os mellores filmes de natureza e aventuraSe celebra en San Miguel de Oia e abre o prazo de presentación de filmes
- Servicio especial de Vitrasa, por el partido de la Selección Femenina, este martes en BalaídosA las 19:00h. contra Portugal, dentro de la Women’s Nations League
Xoves, 10
Seguirá o xoves 10 a partir das 9:30 horas a oficina de Ponteareas celebra de xeito presencial o obradoiro “Presenza en Internet e técnicas SEO”. Este curso básico de conceptos web está centrado na importancia dun sitio profesional e as súas vantaxes como empresa, ademais do seu correcto posicionamento en Internet mediante técnicas libres. As inscricións poden realizarse neste formulario e será impartido por Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e posgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa.
Por último, tamén o xoves ás 17:00 horas de xeito telemático, celebrarase o obradoiro “Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google”. Esta acción dará a coñecer a ferramenta de Google enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade grazas á xeolocalización e as procuras que a súa potencial clientela poidan facer empregando o motor de busca máis popular.
Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual con experiencia no ámbito da comunicación dixital e o márketing en liña, impartirá este obradoiro. As inscricións poden formalizarse neste formulario.
Rede SmartPeme+
A Deputación destina este ano 1,45 millóns de euros á Rede SmartPeme+ e Acelera Pyme Rural para asesorar persoas emprendedoras desde as oficinas de Barro, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo. Desde esta rede lévanse a cabo actividades formativas relacionadas co crecemento empresarial e a transformación dixital, asesorando a ata 2.500 emprendedores, autónomos e pemes ao ano e impartindo arredor de 200 talleres formativos e actividades complementarias.