Comarcas

Toman posesión as novas concelleiras das Neves

Rocío Barreiro e Alba Casas, do BNG, substitúen ao ex alclade Xosé Manuel Rodríguez e a Pilar González

Toman posesión as novas concelleiras das Neves

O venres 4 de abril tivo lugar unha sesión extraordinaria do Pleno Municipal das Neves convocada con motivo da aprobación do inicio do proceso de licitación do novo contrato do servizo de axuda no fogar. Foi a primeira sesión celebrada despois de que deixaran os seus lugares na corporación municipal o ex-Alcalde Xosé Manuel Rodríguez e a ex-Concelleira de Servizos Sociais, Pilar González. Por este motivo, e despois de que entregaran a pertinente documentación, prometeron os seus cargos as novas Concelleiras do Grupo Municipal do BNG, Rocío Barreiro e Alba Casas.

Barreiro e Casas agradeceron a confianza das súas compañeiras e compañeiros e ao resto da Corporación. E comprometéronse a defender os dereitos e intereses da veciñanza, sendo conscientes do que supón ter a responsabilidade de manter o legado herdado e facelo aínda maior, para recuperar a confianza dos cidadáns das Neves que en 2015 levou o BNG á Alcaldía.


Outras novas


Óscar González, novo portavoz

Na mesma sesión plenaria oficializouse o nomeamento de Óscar González como novo portavoz municipal, quen deu unha mensaxe de benvida ás novas compañeiras á Corporación Municipal. Finaliza así o proceso de renovación, que dá comezo a un proxecto que manterá a esencia do BNG pero con novas visións e perspectivas. Con miradas novas, que acheguen novas ideas a un proxecto coa vista posta en 2027.

A responsábel local, Raquel Barreiro, lembra que o BNG da localidade vai celebrar un acto de convivencia para dar comezo a esta nova etapa, que se desenvolverá arredor dunha cea que queren compartir coas persoas amigas e simpatizantes o vindeiro 12 de abril ás 21:00 h no Hotel Nande de Rubiós.

Te podría interesar