Destacados Vigo al minuto

Peches das instalacións deportivas do Pavillón do Carme e de Samil

En horarios alternos de mañá e tarde.

Peches das instalacións deportivas do Pavillón do Carme e de Samil

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) en Vigo denunciou hoxe a situación de “desastre inducido” que sofre o deporte municipal tras o feche das instalacións deportivas do Pavillón do Carme, en Travesas, e de Samil en días recentes, unha problemática que se prolongará nas próximas semanas con horarios alternos de mañá e tarde.

13 vacantes sen cubrir na área de Deportes

Segundo o concelleiro do BNG, Filipe Abalde, esta situación ten causa na “nefasta xestión de persoal do Goberno de Abel Caballero, que mantén 13 vacantes sen cubrir na área de Deportes” —entre conserxería e oficiais de instalacións— e deixou de encomendar funcións de substitución ao persoal auxiliar após tentar negarlles, de maneira ilegal, a compensación económica”.

Abalde acusou o executivo local de “orquestrar deliberadamente” este caos co fin de avanzar na privatización das instalacións deportivas. “O Goberno de Caballero provoca un desastre inducido para privatizar o deporte municipal”, afirmou o concelleiro, sinalando que a xestión privada xa aplicada en pavillóns e pistas de atletismo resultou “nefastapara usuarios e clubes, ademais de impoñer precariedade laboral. O BNG considera intolerábel que a cidadanía padeza este “maltrato continuado” ao deporte pola falla de xestión e de vontade política do executivo local.


Tamén en vigoalminuto


Hai orzamento, prazas convocadas e persoal…o que non hai son excusas

Como solución inmediata, a formación nacionalista esixe ao Concello que cubra todas as vacantes da área de Deportes utilizando as bolsas de contratación existentes para oficiais, unha medida viábel e legal mediante provisións temporais a cargo das prazas pendentes das ofertas de emprego público. “Hai orzamento, hai prazas convocadas e hai persoal dispoñible nas listas de contratación; non hai escusa para que as instalacións non funcionen con normalidade”, subliñou Abalde.

O BNG advirte que “a inacción do Goberno municipal compromete o acceso da cidadanía a un servizo público esencial” e fai un chamamento urxente para que se priorice a xestión pública e eficiente do deporte en Vigo, poñendo fin aos feches e á deterioración do servizo.

Te podría interesar