O Bloque Nacionalista Galego de Vigo pide “máxima transparencia” en relación ás subvencións e convenios municipais coa Igrexa Católica e outras actividades relixiosas. A fronte nacionalista vén de revelar un novo convenio, aprobado este venres pola Xunta de Goberno local como asunto fóra da orde do día, de case 37.000€ á Diocese Tui-Vigo para os actos litúrxicos da Semana Santa.
Tamén en vigoalminuto
- En lo que va de año, la Policía Nacional ha desarticulado 28 puntos negros de venta de sustancias estupefacientes
- Cinco personas heridas tras chocar dos coches en la N-550, a su paso por Mos
- Despedida de la última promoción de estudiantes de Medicina, en el Hospital Álvaro Cunqueiro
- ¿Buscas traballo? o Concello do Porriño inicia o proceso para incorporar a 14 persoas
- As Neves celebra a súa XXXII edición da Feira do Requeixo e Mel
- CUT denuncia a Stellantis por vulneración da liberdade sindical, pola ‘paga variable’
Máis dun millón de euros en 5 anos
“Podemos estimar que xa se entregaron á Igrexa Católica, directa ou indirectamente, máis dun millón de euros nos últimos 5 anos“, estima o portavoz municipal do Bloque, Xabier P. Igrexas, malia denunciar “opacidade” por parte do Goberno de Abel Caballero. “Non atendeu ningunha das solicitudes de información que formulamos, a última hai máis dun ano na Comisión Informativa de Orzamentos e Facenda“, afeou Igrexas.
Igrexas criticou que se continúen a incrementar ano tras ano os recursos do Concello destinados a entidades dependentes ou asociadas da Igrexa Católica mentres, entre outros exemplos, o Goberno municipal decidiu retirar os convenios de colaboración coas tres principais centrais sindicais da cidade.
A Igrexa segue sin pagar o IBI
Dende o BNG cuestionaron tamén que se permita que a Igrexa Católica continúe sen pagar o Imposto de Bens Inmóbeis (IBI). “Un trato de favor inxusto e incomprensíbel”, valorou o portavoz nacionalista, lembrando que os centros culturais, as asociacións veciñais e locais sociais xestionados por entidades sen ánimo de lucro si que teñen que facer fronte a este outros impostos municipais.
Para a fronte nacionalista é “incompátibel” respectar o carácter aconfensional das institucións públicas coa decisión de Abel Caballero de destinar cada vez maiores recursos en favor da Igrexa Católica. “É un comportamento máis propio de etapas predemocráticas”, censurou Igrexas.
O Bloque insistiu en que unha democracia plena esixe unha clara separación entre as diferentes confesións relixiosas e as institucións públicas. “Respeitando o dereito das persoas crentes, hai que respeitar tamén ás moitas persoas que non teñen crenzas relixiosas”, remachou o voceiro nacionalista.