Comarcas

O Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana 1,9 millóns para 12 concellos

En total, xa leva distribuídos 18,4 millóns neste 2025

O Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana 1,9 millóns para 12 concellos

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar 1,9 millóns de euros para que Agolada, Baiona, Bueu, A Estrada, A Guarda, A Lama, Nigrán, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Silleda e Vila de Cruces impulsen novos investimentos e afronten gasto corrente ao abeiro das dúas primeiras liña do Plan +Provincia 2025, que xa leva distribuídos 18,4 millóns de euros neste 2025 entre os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.

A Guarda, Baiona e Nigrán

Así, no marco da liña 2 A Guarda recibirá 61.915 € para actividades socioculturais, en concreto:

  • 16.184€ para a Festa miudiña
  • 12.700 € para o Ciclo Tocamúsica
  • 10.000 € para a programación de teatro
  • 3.630€ para Samaín
  • 1.900€ para a programación de cine
  • 2.500€ para a infraestrutura técnica do concerto de +Música e
  • 15.000€ para a Festa da langosta e da cociña mariñeira

No caso de Baiona, serán 91.380 € para o gasto corrente derivado da programación cultural, deportiva e social:

  • 39.821€ para o programa de apoio e reforzo escolar a menores en desvantaxe
  • 16.212€ para accións de formación académica a familias en risco de exclusión social e
  • 35.346€ para o programa de dinamización de maiores “Tempo para nós”

Tamén da liña 2 Nigrán recibirá 92.800 € para as seguintes actividades culturais e deportivas:

  • Vive Nigrán (30.000€)
  • Solpor Monteferro (21.000€)
  • Nigrán Jazz (10.200€)
  • Parrulas Fest (13.500€)
  • Concerto de Carlos Núñez (9.000€)
  • Primavera de Jazz (6.000€)
  • Campeonato de surf adaptado (10.500€)
  • Vermú de barrio (6.000€)
  • Cinema a pedal (6.000€)
  • Nigrán Blues (10.500€)
  • Chandefolk (9.000€)
  • Apertuke (7.500€)

Bueu, Ponteareas, Pontecesures

Ademais, Bueu 141.525€ para a reurbanización integral do camino de Castiñáns a Loureiro; Ponteareas 203.238€ para a pavimentación de camiños nas parroquias de San Mateo, Oliveira, Arcos, Padróns, Areas, Cumiar, Ponteareas e Bugarí; e Pontecesures 225.453€ para a reforma da rúa Raimundo García Domínguez “Borobó”.


Tamén en vigoalminuto


Agolada, A Lama, Silleda, Pollo e A Estrada

Desta maneira, a través da liña 1, Agolada recibe 372.291€ para dous proxectos: 95.204 € para completar o financiamento da recuperación e humanización da avenida de Iryda, que conta con 500.000 €
do Plan Extra, e 277.087 € para a mellora de camiños de titularidade municipal con firme de asfalto en
Berredo e Buxán.

Ademais, A Lama recibe 88.235€ para a mellora da accesibilidade e a seguridade peonil na contorna da igrexa de San Salvador, completando os 500.000 € do Plan Extra; Silleda recibirá 149.425€ para completar os 597.698 € do Plan Extra para a mellora da mobilidade na avenida do Parque; Vila de
Cruces sumará aos 700.000€
deste mesmo plan para a humanización do núcleo urbano nas rúas Neira
Vilas, Sergio Iglesias Pazos e a Travesía Vázquez, 212.780 € do +Provincia.

Ademais, tamén ao abeiro da liña 1 de investimentos A Estrada recibirá 140.000€ para a compra dun
vehículo pala mixto retro-cargadora para o servizo de obras do concello. E, finalmente, Poio contará con 92.166€ para o pagamento de débedas a acredores de gasto corrente e de investimentos.

Te podría interesar