Galicia

Un ferido grave nun aterrecedor accidente na AP9

Ás 07:30h en dirección Santiago

Un ferido grave nun aterrecedor accidente na AP9

Un rapaz de 33 anos resultou ferido grave nunha colisión entre un turismo e un camión na AP-9 sentido Santiago, á altura do concello de Teo. O suceso ás 07:30 horas e aínda que nun primeiro momento, deuse o aviso ao 112 Galicia de que un dos ocupantes do coche non podía saír do vehóiculo, finalmente foi excarcelado polo persoal sanitario.

https://twitter.com/G24Noticias/status/1910625580225093756

De inmediato, foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago, nunha ambulancia de soporte vital avanzado e ata o lugar tamén achegouse outra ambulancia de soporte vital básico. Asimesmo se desprazaron ata a zona do accidente os Bombeiros de Boiro, GES de Brión, Policía Local e Garda Civil de Tráfico.


Tamén en vigoalminuto


A causa da colisión producíronse retencións na autoestrada que superaron os 2 quilómetros e duraron máis dunha hora.

Te podría interesar