Destacados Vigo al minuto

Manifestación, este luns en Vigo, pola III República

Sairá ás 20:00h. dende o cruzamento de Vía Norte con Urzáiz

Manifestación, este luns en Vigo, pola III República

A Asamblea Republicana de Vigo convoca este luns, día 14 de abril, coincidindo co 94º aniversario da proclamación da II República Española, unha manifestación ás 20:00h. con saída no cruzamento de Vía Norte con Urzáiz, e percorrido ata a Porta do Sol, onde o xornalista Gustavo Luca dara lectura ao manifesto.

O acto concluirá cos himnos galego e da República, a cargo do gaiteiro Antón Sánchez e da violinista Laura Quintillán.


Tamén en vigoalminuto


Os convocantes defenden a convocatoria dun referéndum para decidir a forma de Estado e dar paso da actual Monarquía á III República. Así, os seus defensores, logo de lembrar que hai preto dun século que os españois non eliximos ao Xefe do Estado, aseguran que a república é unha esperanza para a xustiza social e unha democracia máis real, así como unha solución ante o recorte, constante, de rereitos sociais no noso país.

Te podría interesar