Comarcas

‘G Face’ e ‘Heredeiros da Crus’ abren esta fin de semana as Festas de San Telmo, en Tui

O sábado ás 23:59 e o domingo ás 19:30h

'G Face' e 'Heredeiros da Crus' abren esta fin de semana as Festas de San Telmo, en Tui

As Festas de San Telmo serán o escenario do inicio da primeira xira do artista tudense G Face. Abrindo a programación festiva estará en concerto este sábado, 19 de abril, ás 23.59 h. no Espazo Feiral.

Aquí comeza “G Face na Casa” un espectáculo de case dúas horas no que estará acompañado por unha banda de catro músicos, dous coristas, un corpo de baile e un cuadro de mariachis. G-Face promete facer cantar e bailar ao público ao ritmo dos seus éxitos tanto en galego como en castelán, dende “Vaivén”, “Miña Rianxeira” ou o recén lanzado “Mi luna” con gran variedade de estilos nos que non falta nin a cumbia, nin a bachata. Todo cunha coidada producción, cun impactante deseño de luces, efectos especiais e coreografías sorprendentes.


Máis novas


“Soño cumprido”

O propio artista confesa que “comenzar a miña xira, co primeiro concerto en Tui é un soño cumplido”. Recoñece que é toda unha responsabilidade abrir as festas de San Telmo, amosándose moi ilusionado ante “un concerto moi especial e divertido, no que van pasar moitas cousas”.

G Face comezou no 2021 a súa carreira musical con 11 cancións editadas no seu primeiro ano. No 2023 lanza o seu primeiro álbum “Origen”, un dos seus proxectos máis ambiciosos até que, no 2024, estreou o documusical “G Face na casa”, un proxecto audiovisual que incluíu cinco novas cancións en galego.

“Trankimasin”

Pola súa banda, ‘Heredeiros da Crus’ inaugurarán en Tui a xira do concertos do seu novo traballo  “Trankimasin”. O que será un dos grandes concertos das Festas de San Telmo deste ano 2025 terá lugar o domingo 20 de abril ás 19.30 h no Espazo Feiral

O grupo de rock coruñés volve aos escenarios  para presentar os temas de, “Trankimasin”, que se presenta como unha colección de 12 comprimidos receitados en caso de “deficiencia sanguínea de rock setentero”. Unhas cancións que, na liña desta banda icónica de rock en galego, van dende a irreverencia ata a retranca, sempre mesturados con guitarras electrizantes. 

Javi Maneiro (voz), Antonio Novo Suárez (guitarra), Tonhito de Poi (guitarra), Francisco Velo (baixo) e Manu Rey (batería) conforman Heredeiros da Crus. Unha banda que cumpre 33 anos con grandes éxitos como “Quero josar”, “Non che teño medo” ou “Corasón de Carballo”, que non faltarán no concerto que ofrecerán en Tui. 

Te podría interesar